Marta, ven en tren!

Marta Otero Mayán, como Escarlata O’Hara, xurouse a si mesma que nunca madrugaría por home ningún. Pois rompeu a promesa a semana pasada, certo é que por un homazo de altura –cando menos física– como o ministro Óscar Puente. Segundo nos contou a Ana Luísa Bouza, a Antón Losada e a Xosé Manuel Pereiro tivo que poñer as pilas para estar na estación de tren de Ourense ás 9,30 da mañá, e facer a viaxe de volta no afamado tren Avril. Todo iso levounos  a plantear unhas dúbidas metódicas: Por que o ministro Puente –e non só el– teñen a teima de andarse subindo aos trens para facer declaracións? Porque teiman en dicir que Galicia queda así xa comunicada, cando o que queda comunicado é Madrid, porque aquí segue sen haber máis transporte que o propio entre cidades importantes?

Polo demais, en atención á data tamén se produciu –ou mellor se reproduciu– o debate sobre se ao galego lle vai ben –como sostén o novo conselleiro de Cultura, José López Campos–, ou mal –como aseguran o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García… e as estatísticas!

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail