Que contas as do Consello de Contas!!!

Vd sabe en que se gastan os cartos na sanidade pública? Ou por que din que é máis eficiente desviar pacientes á sanidade concertada? Non haxa pena. Nin o sabe vostede, nin Ana Luísa Bouza, nin Marta Otero Mayán, nin Xosé Manuel Pereiro e nin sequera Antón Losada. Tampouco o sabe a Xunta de Galicia, que é quen administra todos eses cartos (case 5.000 millóns de euros, o 40% do presuposto da administración autonómica). O Consello de Contas, o organismo público encargado de fiscalizar as ídem públicas, tampouco o sabe, pero polo menos sabe que non sabe nada: que a Xunta non ten unha contabilidade do gasto en sanidade desde 2010, e que os orzamentos do SERGAS son unha ilusión, como o cupón da ONCE.

Pero tamén se falou de que o Tribunal Constitucional vén de sentenciar que esa pretensión da Xunta de perdoar as ilegalidades urbanísticas na costa cando pasen 15 anos de cometidas non é constitucional. Un aldraxe máis a esa tradición tan galega do «Ti vai facendo».

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail