CTL 46: Fillas de Cassandra

Fin de tempada por todo o alto! Coñecéronse nunhas xornadas de Feminismo unitario en Vigo e desde entón xuntaron a formación musical de María Soa -voz, percusión e piano- e Sara Faro -voz e percusión- para formaren o dúo. Apostan pola recuperación de melodías tradicionais e as novas líricas, inspiradas nos cantos de tradición oral, con influencias do pop, a música electrónica e a música clásica. Propoñen un espectáculo teatral do que forma parte o público, sempre desde unha ollada feminista e actual e no que o piano e as percusións están apoiadas en bases electrónicas.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail