Hoxe traemos un 2×1 que son 4, dúas compañías que unen forzas da man de Manuel María. Fan unha versión contemporánea e libre de A lúa vai encuberta, obra que o lugués escribiu no 1977. A peza fai un percorrido tamén por determinados momentos da memoria histórica galega, facéndonos pensar na mentalidade galega da actualidade. Falamos con eles de política, teatro, anécdotas…quedounos nada para arranxar o país.