A compañía de danza de Fran Sieira chega á MIT co seu espectáculo Demente. Froito dunha investigación sobre os trastornos mentais e a marxinalidade que producen, cóntannos o seu proceso de traballo ata chegar ó resultado final. Dende a base do baile tradicional galego mesturan tamén outros estilos para unha proposta fascinante. Presente tamén a tanxugueira Aida Tarrío, conmoveron o público de Ribadavia coa súa fusión íntima e de raíz.