VERMIT 04: Esther Carrodeguas e Xabier Castiñeiras

A compañía ButacaZero volve a Ribadavia. Xa estrearan o seu primeiro espectáculo aquí, no ano 2016. Neste caso é cun espectáculo moi diferente a nivel formato. Unha «Lecture Performance» ou conferencia performativa que nos trae a investigación de Esther dun tema tan interesante como duro e silenciado: as mulleres rapadas da Guerra Civil. Rapadas trae casos que foron chegando a nós a través da memoria de persoas por todo o territorio español, que curiosamente teñen puntos en común moi similares. Que significaba estar/ser rapada? Cóntannolo no programa.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail