S02E27 – Viaxe de ida?

Emigrantes, turistas, excursionistas, domingueiras, peregrinas, viaxantas… hai moitas maneiras de marcharmos e de coñecermos o mundo, pero nós facémolo esta semana cunha guía excepcional: Cris Terceiro, a voz do podcast Viaxantas, que nos fala desde Bruxelas.

Dúas? Catro? Unha ducia? Cantas mulleres teñen que viaxar xuntas para que non digan que viaxan soas? Semella que, como en cada eido da vida, a nosa maneira de nos mover está en parte condicionada por sermos mulleres.

Mais as formas de viaxar mudaron e seguen a mudar cos tempos, determinadas polos novos medios de transporte, polos destinos de moda e mesmo pola imaxe idealizada de certas cidades ou monumentos que nos vende a ficción audiovisual.

Ademais, non é o mesmo viaxar con varias maletas e bolsas que lixeiras de equipaxe -e para vos axudar coas equipaxes contamos cos consellos expertos da Saboridinha.

E como sometidos ao principio de incerteza de Heisenberg, todos os lugares que visitamos son inevitablemente modificados pola nosa viaxe, o noso aloxamento e incluso os gustos culinarios.

Escoitade xa a primeira parte deste episodio dobre patrocinado por PuntoGal.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail