Pantis é o proxecto do músico e realizador galego Rubén Domínguez. Thenaisie Provote é o final dun longo hiato coincidinte coa pandemia e nela cóanse novos aires compositivos e grises extensos nos horizontes visuais. Thenaisie Provote tamén é o nome dunha fábrica de conservas grovense amenazada coa liquidación e despido dos seus traballadores e traballadoras. O tema foi gravado polo músico en Madrid en abril de 2021 e foi masterizado por Ibán Pérez en Estudio Terraforma de O Hío, Cangas. O vídeo rodouse na Praza de Colón, Madrid, e tamén foi realizado por Rubén Domínguez coa axuda de Mar Catarina.
Abril republicano é unha iniciativa conxunta da Fundación Luzes e o diario Público