Xosé Manuel Pereiro

Hoxe, 23F, estarían mortos

Se hai algo que define unha sociedade, máis que a súa Historia (con maiúscula) que, como dicía Ambrose Bierce, é o relato case sempre falso de feitos case sempre cativos producidos por gobernantes case sempre ruíns ou por militares case sempre parvos, é como reacciona nos momentos críticos, e como…

Para independentes, nós

Sempre se dixo que era fóra onde os galegos demostrabamos o que podiamos dar de si (ou de nós). Sexa ou non certo, Alberto Núñez Feijóo é un claro caso a favor. Mais que saír fóra, é que bota por fóra. Non é raro que por aí o miren como…

Elites, as de antes

Non durou un ano Antón Arias Díaz-Eimil á fronte da patronal galega. Poucos daban un can por el desde que dixo que a reforma laboral non servira para nada (para nada bo), que había que subir os salarios (aínda que logo as autoridades económicas concordaran nesa opinión) e, sobre todo,…

Ai, Alberto, non nos queiras tanto (bolero)

O PPdeG deu por inaugurada a campaña da precampaña das municipais, e fíxoo como adoita facer e como debe ser, cun fervorín aleccionador do xefe e nada de autocríticas nin debates nin procesos nin farrapos de gaitas, que cansan e crean roces. Alberto Núñez Feijóo, como sempre que abre a…

«Solo sé que había nieve»

Hoxe, como se pode comprobar polos comentarios en dixitais e nas redes sociais, os referentes de Galicia por aí fóra son que se come ben (e barato, porque ben e caro cómese en todas partes) e que a cocaína parece que vén na traída da auga. Non é unha opinión,…

1,66€ a hora

Era unha imaxe perdida no inmenso océano das redes sociais. Un recorte dun periódico da cidade siciliana de Catania, non sei cal, que informaba que, no decurso dunha inspección dunha pizzería-panadería na Vía della Concordia, descubríronse dous delitos: a invasión de espazo público e que unha traballadora, sen contrato, cobraba…

En que quedamos?

Eses señores que parecen arrancarse por bulerías son os axentes sociais. Sindicatos, patronais e autoridades pertinentes. Digo bulerías como podería dicir seguidillas, pero o que lle cadra son alegrías. Alegría de estar onde están, como lle pasa en xeral a todos os que se aplauden a si mesmos, estean nun…

O Pai da Patria

Ser un pai –e xa non digamos «o Pai»- da Patria debe ser moi cansado. Xa lle chega ser pai en xeral, por non falar de ser nai, para por riba aturar os fillos propios e os alleos, os teus cuñados e os do resto, e de aí para arriba,…

Gobernos amigos, pero non tanto

Agora non se escoita tanto, ou tamén pode ser que eu escoite menos as proclamas políticas en xeral, pero na era anterior, a Fraga non se lle despegaba da boca a expresión «goberno amigo». A min lembrábame o de «fuego amigo», que é ese eufemismo para indicar cando quen te…

A Fronte Noroeste

Desde que Fraga deixou de percorrer mundo e despachos que non eran o seu, a política exterior de Galicia (con minúsculas, se a Constitución o esixe, pero exterior e política) quedou en nadiña. Tempos aqueles en que Don Manuel visitaba 17 ministerios ─non sei se había tantos, pero el visitounos,…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail