Etiqueta: Xunta

Proportion
Juan Oliver22 Marzo, 2024

Unha empresa de telemarketing vinculada ao cuñado de Feijóo facturou á Xunta 9,7 millóns para rastrexar casos de covid

Universal Support, sen vinculación co sector sanitario, foi a máis beneficiada en 2021 polos contratos de emerxencia do Servizo Galego de Saúde con cargo ao fondo extraordinario para combater a epidemia en Galicia.

Proportion
Juan Oliver19 Marzo, 2024

Altri, a fábrica de celulosa apadriñada pola Xunta e José Blanco que pon en pé de guerra a dúas comarcas galegas

Veciños e ecoloxistas alertan de que a planta devorará cada ano 1,2 millóns de toneladas de eucalipto, extraerá 46 millóns de litros de auga ao día do río Ulla e devolverá outros 30 millóns de litros depurados pero aínda contaminados.

Proportion
Juan Oliver12 Febreiro, 2024

Rueda trata de rendibilizar a rede clientelar nos medios galegos que deseñaron Fraga e Feijóo

A maquinaria de guerra electoral que permitiu ao PP as súas maiorías absolutas en Galicia baséase nunha rede clientelar que axusta a liña editorial dos medios do país aos intereses electorais dos populares.

Proportion
Juan Oliver2 Decembro, 2023

O BNG proclama candidata a Ana Pontón coa convicción de que pode convertela na primeira muller presidenta da Xunta

A líder nacionalista promete «o mellor Goberno de todos os tempos» para Galicia.

Proportion
Juan Oliver23 Novembro, 2023

O PSOE acusa á Xunta de multar ou non ás empresas contaminantes en función da «afinidade»

Os socialistas critican ao Goberno galego por facer «a vista gorda» diante das infraccións ambientais

Proportion
Luzes Publico22 Novembro, 2023

O BNG acusa á Xunta de facilitar á banca un negocio de 1.400 millóns de euros coa débeda pública autonómica

Ana Pontón critica a Alfonso Rueda por triplicala e este deféndese asegurando que Galicia é a comunidade que menos incrementou o seu endebedamento.

Proportion
Juan Oliver21 Outubro, 2023

Os meteorólogos da catedral de Santiago

Un proxecto desenvolvido por físicos e enxeñeiros das universidades de Santiago e A Coruña e financiado pola Xunta estuda os fluxos de ventilación no interior do edificio para mellorar a protección do seu patrimonio.

Proportion
Juan Oliver6 Outubro, 2023

A Xunta abre dilixencias contra os inspectores de residencias que denunciaron chivatazos de altos cargos

A asociación de funcionarios de inspección e a de familiares e usuarios de centros de maiores e dependentes acusan á Consellería de Política Social de «represaliar» e «coaccionar» a quen alertaron das filtracións.

Proportion
Juan Oliver19 Setembro, 2023

A «guerra do xabaril» enfronta á Xunta co Concello da Coruña

As dúas administracións acúsanse de inacción diante o problema dos porcos salvaxes que se instalan no centro da cidade.

Proportion
Juan Oliver30 Agosto, 2023

A Xunta de Feijóo deixou sen executar o 60% dos fondos europeos asignados a Galicia

Axencias e fundacións xestionaron o 70% das axudas canalizadas a través de entidades da administración pública galega en 202, o último exercicio completo de goberno na comunidade do líder do PP.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail