Etiqueta: Urbano Lugrís

Proportion
Cláudia Morán18 Marzo, 2024

Na conserveira naceu o pintor

Con 34 anos, sen cartos no peto e acabado de nacer o seu primeiro fillo, chegou en 1942 Urbano Lugrís a Bueu. Foi alí, na fábrica dos irmáns Massó, onde comezou a traballar na decoración de stands sobre teas de algodón, as primeiras obras de arte rexistradas do artista coruñés.

Proportion
Xurxo Martinez Gonzalez16 Xaneiro, 2024

Desde o fondo dos espellos

Un dos poucos amigos que aínda sobreviven a Lugrís é  Xosé Luis Méndez Ferrín, que foi un dos que levaron o seu cadaleito cando o soterraron no cemiterio de Pereiró. Nesta conversa, o escritor lembra os tempos vividos co pintor.

Proportion
Luzes21 Decembro, 2023

Mayday por un náufrago xenial

Do Mayday por Lugrís temos que pasar a que o mundo descubra o Lugrís da Galicia. O local sen paredes. O feitizo universal do pintor anfibio.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail