Etiqueta: ultradereita

Proportion
Mara Mahía2 Xullo, 2025

Superheroes

Non se pode tirar a toalla porque catro desvergoñados socialistas machistas anden enredados en corrupción. Xa xabemos que habelas hailas, mais tamén estamos nós. Os heroes en bata que cada día facemos o que temos que facer, que non odiamos os emigrantes porque sempre temos presente a nosa historia, o noso pasado.

Proportion
Raimundo Viejo25 Xuño, 2025

A esquerda extática

A esquerda vive abraiada mentres non para de recibir os golpes de Trump. Tal e como van as cousas, a esquerda, e sobre todo a «esquerda máis á esquerda», é xa un suxeito en vías de extinción. Por máis que tenta actualizar o seu ideario, o certo é que vai aumentando distancia coa realidade; coa axenda da nova ultradereita.

Proportion
Raimundo Viejo12 Xuño, 2025

Trump e a multitude

Que solución vai ter para o futuro o actual goberno dos Estados Unidos? A de Trump é unha carreira sen saída democrática. Só pode ter un destino: algunha modalidade de goberno autoritario froito da degradación democrática.

Proportion
Raimundo Viejo7 Abril, 2025

Unha mala viaxe chamada Trump

Levamos a Trump incrustado nos miolos. É o Big Brother Trump. De pouco serve loitar contra este hexemón alucinado desde unha posición de denuncia exterior e frontal. Criticalo por inxusto é sinalárselle coma vítima propiciatoria. E, porén, desde hai unhas semanas, unha resistencia interior medra nos EE.UU.

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)25 Febreiro, 2025

O inimigo da democracia

Coñecido ata hai pouco como o director executivo de Tesla e SpaceX, e máis recentemente como o señor rico que comprou Twitter para estragalo, agora dedícase a sacar fotos de parella con Trump e a despezar o goberno estadounidense departamento por departamento. Refírome a Elon Musk, o executor do infame «saúdo romano» que os demais republicanos parecen tomar como exemplo a seguir.

Proportion
Mara Mahía21 Febreiro, 2025

Noticia bomba

O de Trump ou o do AfD alemán trátase de montar boureo: crear mensaxe, diga o que diga esa mensaxe. Canto menos sentido teñen as súas palabras, máis atención conseguen. E logo que veña The New York Times a desmentir o que xa quedou cravado nas mentes da cidadanía.

Proportion
Alexandre Mato5 Febreiro, 2025

A ultradereita pon unha pica en Flandres (e en Bélxica)

Coma pezas de dominó, os gobernos europeos van caendo nos últimos anos en mans da extrema dereita, de dereita radical ou de partidos euroescépticos profundamente conservadores. Hai varios fenómenos que axudaron a derrubar o dique de contención.

Proportion
Raimundo Viejo24 Setembro, 2024

Alemaña necroliberal

Os resultados electorais confirman a tendencia ascendente e sostida da AfD desde a primavera. Desde o sorpasso nas enquisas ao SPD, a extrema dereita disputa agora aos democristiáns un liderado bipartidista.

Proportion
Raimundo Viejo10 Xullo, 2024

A remontadiña

Os resultados español do 23J e o francés e británico da semana pasada resultan dunha fraxilidade das clases medias agora á defensiva. Son votos en negativo que, máis que avanzar, reparan perdas e restitúen certa apariencia.

Proportion
Raimundo Viejo2 Xullo, 2024

Pasado fascista, futuro necroliberal?

A primeira volta das eleccións francesas confirman os peores pesadelos: unha maioría de extrema dereita chegou ás portas do Elíseo. Aínda que a orixe desta onda reaccionaria é americana, vén impulsada polas dinámicas de Europa.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail