Etiqueta: Sanidade

Proportion
Adolfo Telmo Pérez17 Febreiro, 2026

Folga médica, memoria e responsabilidade colectiva dun médico a piques de xubilarse

A reivindicación dun estatuto propio separado do resto do persoal sanitario pode parecer lexítima, mais corre o risco de romper a alianza que fixo posible a sanidade pública: o traballo conxunto de médicos, enfermaría e outros profesionais sen os que a medicina non existiría. A medicina nunca foi unha tarefa individual, senón profundamente colectiva.

Proportion
Juan Oliver15 Febreiro, 2026

Un documental dun director de 18 anos explica o abandono da sanidade pública a través da loita veciñal polo hospital de Valdeorras

«Saúde», de Antón García Gonçalves e Agustín González Alonso, narra a degradación do hospital de O Barco, en Ourense, durante os anos de recortes e privatizacións de Feijóo.

Proportion
Juan Oliver10 Decembro, 2025

Povisa, o outro modelo de negocio de Ribera Salud para lucrarse coa sanidade pública en Galicia

O hospital vigués propiedade da multinacional de Pablo Gallart acaba de subir un 16% o prezo do convenio coa Xunta polo que atende a máis de 112.000 usuarios da sanidade pública galega

Proportion
Juan Oliver28 Novembro, 2025

Enfermos en padiola durante cinco horas nos corredores: novo colapso nas urxencias do hospital público de Santiago

Os usuarios denuncian que o Sergas os obrigou a permanecer en padiolas e cadeiras de rodas en corredores e salas sen a máis mínima intimidade, a pesar de que o centro tiña máis de 200 camas libres.

Proportion
Juan Oliver27 Outubro, 2025

Povisa, crise no maior hospital privado de Galicia que vive de facer negocio coa sanidade pública

O centro, propiedade dun holding francés e que cobre a case o 20% da poboación da área sanitaria de Vigo, sofre unha fuga de médicos e enfermeiros que pon en perigo a atención a miles de usuarios.

Proportion
Juan Oliver17 Outubro, 2025

Monforte, o hospital que cobre a 45.000 persoas e que está a piques de quedar sen pediatras

O sindicato maioritario na sanidade galega denuncia que a situación do servizo é «insostible», cunha vacante sen cubrir, dúas médicas de baixa e outra a piques de xubilarse en menos de dúas semanas.

Proportion
Juan Oliver14 Outubro, 2025

As listas de espera en Galicia: máis de catro meses para ver ao anestesista e 490 días para unha endoscopia

A Xunta defende que o está «facendo ben» en sanidade a pesar de que as demoras en cirurxía, consultas externas e probas diagnósticas seguen moi por encima das de antes da epidemia de covid.

Proportion
Antía Yáñez10 Outubro, 2025

Quen poida facer, que faga

Os problemas de saúde mental na adolescencia aumentan de forma alarmante. Os homes morren máis por suicidio, aínda que as mulleres temos peor saúde mental segundo todas as enquisas. España é líder en consumo de ansiolíticos ou somníferos porque as listas de espera fan que medicar sexa a única vía accesible para algúns. A maior parte das causas que provocan problemas de saúde mental teñen que ver con factores sociais.

Proportion
Juan Oliver4 Xuño, 2025

As plataformas pola sanidade pública convocan protestas para o 12 de xuño en todos os centros de saúde

Alertan de esperas de ata un mes nas citas para o médico de cabeceira e anuncian unha denuncia ante o Parlamento Europeo pola "insostible" situación do sistema sanitario creada pola Xunta do PP.

Proportion
Olalla Rodil12 Febreiro, 2025

Os coidados como dereito

Despois da catástrofe humana que supuxo a Covid-19 e dos milleiros de persoas falecidas, especialmente nas residencias de maiores, todo o mundo saíu do confinamento convencido de que nada sería igual. E eu pregúntolles ás lectoras e lectores: que mudou?

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail