Etiqueta: Samuel Luiz

Proportion
Juan Oliver3 Xullo, 2025

Maxsoud Luiz: «As imaxes do meu fillo morrendo unha e outra vez en todas as televisións están a matarnos»

O pai do mozo vítima dun asasinato homófobo hai catro anos na Coruña narra o sufrimento engadido da súa familia polo tratamento mediático do caso.

Proportion
Juan Oliver23 Maio, 2025

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia absolve a un dos condenados polo asasinato de Samuel Luiz

Os xuíces manteñen as penas para os outros tres asasinos e consideran probado que o que iniciou o linchamento actuou motivado pola súa animadversión cara á homosexualidade que atribuíu á vítima.

Proportion
Juan Oliver29 Abril, 2025

Os asasinos de Samuel tratan de rebaixar as súas penas alegando que se violou a súa presunción de inocencia

O fiscal e os avogados da acusación popular e da familia de Samuel desmontan na vista das apelacións que o fallo do xurado e a sentenza que os condenou a máis de 74 anos fosen inxustos.

Proportion
Juan Oliver24 Abril, 2025

As asociacións LGTBIQ+ ante os recursos do caso Samuel: «A xustiza debe loitar contra a homofobia»

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia celebra o vindeiro luns a vista da apelación do caso baixo a sombra do precedente da absolución de Dani Alves.

Proportion
Juan Oliver25 Febreiro, 2025

Ibrahima e Magatte, os migrantes que auxiliaron a Samuel cuxo exemplo desmonta o discurso ultra

A Coruña nomea fillos adoptivos os dous cidadáns senegaleses pola súa coraxe ao poñer en risco a súa integridade e a súa vida en España para defender ao mozo da manda homófoba que o asasinou

Proportion
Juan Oliver10 Xaneiro, 2025

«A Samuel léronlle a pluma, igual que lles sucede a diario a miles de nenos e nenas»

A Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña, que exerceu a acusación popular, valora a sentenza que condena os asasinos do mozo a 74 anos como un paso adiante na loita contra a LGTBIfobia.

Proportion
Juan Oliver9 Xaneiro, 2025

«Animadversión e desprezo á identidade sexual»: as claves da sentenza aos asasinos de Samuel Luiz

A xuíza considera probado o móbil homófobo no crime do mozo linchado na Coruña ao berro de «maricón de merda!» e condena a catro dos cinco acusados a penas de 74 anos de cárcere.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada28 Novembro, 2024

Un veredicto, unha conselleira, unha asemblea

O veredicto do xurado sobre o asasinato de Samuel Luiz foi xusto, inxusto ou un pouco de cada? E que opinan do plan secreto da Xunta contra a violencia de xénero? Son de Ana Pontón ou de Noa Presas?

Proportion
Juan Oliver26 Novembro, 2024

Ana G. Fernández (ALAS): «O veredicto de Samuel non elimina a LGTBIfobia, pero é un precedente para unha sociedade mellor»

A asociación exerceu a acusación popular no xuízo, no que quedou probada a motivación homófoba do seu linchamento.

Proportion
Juan Oliver24 Novembro, 2024

O xurado declara probado que a morte de Samuel foi un asasinato homófobo grupal

O tribunal absolve unha das acusadas. Declara autores do crime a outros tres. Un cuarto é considerado cómplice do mesmo delito.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail