Etiqueta: PSOE

Proportion
Raimundo Viejo10 Febreiro, 2026

Crónica (doutra) morte anunciada

As eleccións adiantadas en Aragón veñen cun aquel de primarias. Ante a falta de capacidade para facer oposición en base á defensa dun modelo propio, o PP optou por unha lexislatura de acoso e derribo contra Sánchez. Unha estratexia moito máis cómoda e con maiores beneficios.... Ata certo punto.

Proportion
Luzes Publico23 Xaneiro, 2026

O PSOE lembra que Feijóo aínda non tomou ningunha medida sobre Baltar un ano despois da súa condena

Afirma que o PP incumpre as súas normas internas que obrigan a abrir expediente ao expresidente da Deputación de Ourense, a quen o Tribunal Supremo condenou por un delito contra a seguridade viaria.

Proportion
Raimundo Viejo31 Decembro, 2025

Debe Sumar saír do goberno?

Existen boas razóns para quedar nel ata o final da lexislatura, que se resumen no «conseguir cousas para a xente» ou no máis ambicioso «gobernar para a xente». Imos visitar algúns argumentos en contra, o primeiro dos cales pasa por converter a afirmación nunha pregunta: está o goberno coa xente? Ou, máis modestamente, está o goberno a «conseguir cousas»?

Proportion
Raimundo Viejo17 Decembro, 2025

Ecuador de lexislatura

Desde que Podemos irrompeu en 2015 non se volveron mellorar resultados. Asistimos a unha lenta caída e fragmentación do espazo. O que no 2014 era un fervedoiro de forzas diversas hoxe é un conxunto uniformado sobre falsas bases políticas: sobrevivir no poder

Proportion
Juan Oliver8 Decembro, 2025

O PP boicotea en Ferrol a reposición dunha placa na honra de Pablo Iglesias destruída polos fascistas

O PSOE acusa o Concello de querer invisibilizar a réplica dun monumento ao fundador do partido e da UXT, retirado polos franquistas en 1936, situándoo nun lugar apartado e de difícil acceso.

Proportion
Raimundo Viejo3 Decembro, 2025

Candidato Rufián

A súa proposta para congregar nunha candidatura todo o que hai á esquerda do PSOE recibiu bastante atención. O seu éxito en resituarse no novo escenario ten moito que ver con non mencionar o seu proxecto de Estado e moito con ocupar o espazo como proxecto de esquerda moderada. Está disposto a non falar de independencia durante os vindeiros 15 anos?

Proportion
Raimundo Viejo21 Novembro, 2025

O partido era unha festa

Pénsase que o que fixo triunfar a Mamdani foi só o programa. Non se olla por ningures a menor intención de emular o seu exemplo. E, porén, foi a festa. O «partido», en inglés «party», declinouse pola segunda acepción. Fíxose festa, desbordamento, gañas de gañar.

Proportion
Raimundo Viejo15 Outubro, 2025

Vivenda, inimigo electoral

O goberno debería tomar a iniciativa e considerar en serio a reforma da lei de vivenda. A vivenda como rendemento inmobiliario non é de recibo cando despraza moita xente ao límite da pobreza. É moito o que se xoga o PSOE, e máis aínda Sumar, nas próximas eleccións.

Proportion
Raimundo Viejo2 Setembro, 2025

Gobernar sen orzamentos?

O PP saca da chisteira outra medida estrela: de non haber orzamentos dous anos seguidos iríase a eleccións de xeito automático. Buscan botar a Sánchez a calquera prezo, mesmo modificando o marco institucional. Estamos ante unha dereita que ve o poder como propio e que pensa que se goberna a esquerda é por unha ilexítima casualidade (a moción de censura).

Proportion
Raimundo Viejo5 Agosto, 2025

A dereita ás portas

Sánchez vive no universo imaxinario Biden-Harris, un mundo no que aínda existe a alternancia bipartidista dentro dun mesmo paradigma neoliberal. Se quere pasar á historia coma outra cousa que o presidente do caso Koldo-Ábalos-Cerdán, máis lle vale que vire á esquerda a non máis tardar.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail