Etiqueta: PP

Proportion
Raimundo Viejo5 Agosto, 2025

A dereita ás portas

Sánchez vive no universo imaxinario Biden-Harris, un mundo no que aínda existe a alternancia bipartidista dentro dun mesmo paradigma neoliberal. Se quere pasar á historia coma outra cousa que o presidente do caso Koldo-Ábalos-Cerdán, máis lle vale que vire á esquerda a non máis tardar.

Proportion
Raimundo Viejo24 Xullo, 2025

Cleptocracia e corrupción

Mentres o ministro socialista deixa en evidencia un tipo de subcultura corrupta, caracterizada polo comisionista puteiro que confía a trama a un «asesor» porteiro de discoteca e a un fontaneiro de partido, o ministro popular descóbrenos un sofisticado tinglado lexislativo, integrado por altos cadros técnicos ministeriais, portas xiratorias e inmensos beneficios.

Proportion
Juan Oliver4 Xullo, 2025

Miguel Tellado, o tiburón galego de Feijóo para preparar un Goberno con Vox

O perfil do novo secretario xeral do líder do PP, un depredador político que o acompaña desde hai máis de dez anos, augura unha estratexia de liña dura de aproximación á ultradereita.

Proportion
Juan Oliver30 Xuño, 2025

A Xunta pagou 4,5 millóns en axudas ao galego en 17 anos á prensa afín que segue publicando en castelán

As subvencións que o Goberno de Rueda camufla como convenios sen ánimo de lucro exclúen os medios críticos que si se editan exclusivamente no idioma oficial da comunidade.

Proportion
Juan Oliver28 Xuño, 2025

Medios afíns ao PP que publican en castelán reciben outros 293.000 euros da Xunta para promocionar o galego

O Goberno de Alfonso Rueda camufla as axudas mediante convenios a dedo sen ánimo de lucro que exclúen aos medios que si empregan a lingua oficial de Galicia.

Proportion
Juan Oliver10 Xuño, 2025

Feijóo desenténdese de Alfonso Villares e a Xunta elude apoiar a muller que o denunciou

Rueda nega as acusacións da oposición de ocultar durante meses que a policía investigaba o exconselleiro por unha denuncia por agresión sexual.

Proportion
Juan Oliver8 Xuño, 2025

Alfonso Villares, o amigo de Rueda imputado por agresión sexual ao que o PP despide como a un heroe

O Partido Popular protexe e arroupa ao exresponsable de pesca da Xunta, unha das persoas máis próximas ao presidente galego e cuxa carreira política se consolidou en paralelo á do seu mentor.

Proportion
Juan Oliver6 Xuño, 2025

O abrazo da vergoña: Rueda pecha filas co conselleiro acusado de agresión sexual e ignora a vítima

O PP galego sae en tromba a defender a Alfonso Villares e o presidente da Xunta anuncia que o recuperará para a política cando "se faga xustiza".

Proportion
Juan Oliver29 Maio, 2025

A Xunta explica que a recepción que ofreceu ao embaixador de Israel foi unha reunión ordinaria

O Goberno de Alfonso Rueda asegura que a entrevista foi solicitada pola embaixada, que informou sobre ela aos medios e que o pasado xaneiro tamén recibiu ao Sindicato de Xornalistas Palestinos.

Proportion
Juan Oliver28 Maio, 2025

O PP ofrece ao embaixador en funcións de Israel dúas recepcións na Xunta e o Parlamento de Galicia

O BNG considera «indigno e inhumano» que o Goberno de Rueda e a presidencia da Cámara autonómica amparen o portavoz dun «Estado xenocida» en plena limpeza étnica en Gaza.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail