Etiqueta: política

Proportion
Raimundo Viejo7 Abril, 2026

O mito unitarista

O mito da unidade persegue á esquerda con ganas de épica. E, porén, foi en 2015, cando se presentou dividida, cando acadou un máximo histórico: 6.139.494 votos. A partir daquel momento a mitofilia da unidade fixo estragos que aínda persisten.

Proportion
Raimundo Viejo24 Marzo, 2026

O que non pode durar: a esquerda e os vindeiros retos electorais

O PSOE, logo de ver que á súa esquerda non quedaba nada e que Vox fraqueaba a prol do bipartidismo, impuxo unha liña política inequivocamente dereitista no económico. Sánchez lanzouse a conquistar o centro. Non o pode evitar: está no seu ADN.

Proportion
Raimundo Viejo10 Marzo, 2026

O BNG perante a proposta Rufián

Responder a Rufián tan expeditivamente como o fixo o BNG é non entender o que se está a xogar nestas eleccións. Outro tanto lle acontece, por certo, a Bildu, que non ao PNV, mesmo se no seu caso é certo que debe ter tacto de non quedar descuberto cos jeltzales.

Proportion
Raimundo Viejo28 Xaneiro, 2026

Alén da diferenza, volver gañar

A política non debe ir da rúa ao Estado por medio da política da diferenza, isto é, da pluralidade intrínseca do corpo social ás institucións. Todo o contrario: é saíndo e proliferando, non buscando a identidade, senón destruíndoa (o que, por certo, predica a teoría queer).

Proportion
Raimundo Viejo13 Xaneiro, 2026

Decrecer é liberar

A cifra non para de bater récords. No World Inequiality Report 2026 explicábase que o 10% da poboación planetaria concentra o 75% da riqueza. Isto pon en evidencia que o decrecemento redistributivo non só é unha estratexia de clase solvente, senón mesmo unha cuestión urxente de supervivencia.

Proportion
Raimundo Viejo17 Decembro, 2025

Ecuador de lexislatura

Desde que Podemos irrompeu en 2015 non se volveron mellorar resultados. Asistimos a unha lenta caída e fragmentación do espazo. O que no 2014 era un fervedoiro de forzas diversas hoxe é un conxunto uniformado sobre falsas bases políticas: sobrevivir no poder

Proportion
Raimundo Viejo3 Decembro, 2025

Candidato Rufián

A súa proposta para congregar nunha candidatura todo o que hai á esquerda do PSOE recibiu bastante atención. O seu éxito en resituarse no novo escenario ten moito que ver con non mencionar o seu proxecto de Estado e moito con ocupar o espazo como proxecto de esquerda moderada. Está disposto a non falar de independencia durante os vindeiros 15 anos?

Proportion
David Rodríguez30 Novembro, 2025

Ansiedades burguesas contemporáneas

Romería e Los Domingos comparten un mesmo punto de partida: familias burguesas asentadas en cidades medias, con hábitos, medos e códigos propios nun mundo que semella en crise permamente. Porén, cada directora aborda ese universo desde un tempo histórico distinto e desde dúas xeografías con realidades socioeconómicas e culturais moi dispares: Galiza e o País Vasco.

Proportion
Raimundo Viejo21 Novembro, 2025

O partido era unha festa

Pénsase que o que fixo triunfar a Mamdani foi só o programa. Non se olla por ningures a menor intención de emular o seu exemplo. E, porén, foi a festa. O «partido», en inglés «party», declinouse pola segunda acepción. Fíxose festa, desbordamento, gañas de gañar.

Proportion
Alexandre Mato5 Novembro, 2025

Un raio de esperanza ou as nubes de Ruisdael?

O triunfo nos Países Baixos dun candidato liberal europeísta provocou a primeira derrota de importancia da extrema dereita recentemente en Europa, aínda que cun resultado axustado. A Geert Wilders, o osixenado líder islamófobo, saíulle mal a aposta de derrubar o goberno de coalición que lideraba o seu partido para forzar novos comicios dos que saír con maior forza parlamentaria.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail