Etiqueta: Ourense

Proportion
Juan Oliver26 Maio, 2023

A muller e a filla do chofer de Baltar, multadas por conducir con exceso de velocidade o coche oficial da Deputación

O organismo provincial identificounas diante da DXT como as condutoras dun dos vehículos asignados ao presidente en senllos expedientes sancionadoras por circular a 165 km/h e a 179km/h.

Proportion
Juan Oliver23 Maio, 2023

Feijóo coñece desde 2020 a trama de Jácome, pero mantívoo na Alcaldía para evitar a caída de Baltar

«O montante total recadado estaría nunha cifra ao redor dos 800.000 euros que irían a parar integramente ao patrimonio persoal de Gonzalo Pérez Jácome», advertía o documento enviado ao PP, do que non fixeron caso.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada11 Maio, 2023

Baltar, Jácome e os golpes ao grande

A "Actualidade está sobrevalorada" está a estudar trasladarse a Ourense, habida conta de que esta é a única cidade onde está a desenvolverse unha campaña electoral campaña-campaña.

Proportion
Juan Oliver10 Maio, 2023

Jácome: «A nai que me pariu! Puxeron un micrófono na Alcaldía!»

O alcalde de Ourense asegura que os audios que lle implican en prácticas corruptas son falsos e están manipulados con intelixencia artificial por «unha mafia ao estilo Watergate».

Proportion
Luzes Publico8 Maio, 2023

Jácome, alcalde de Ourense: «A lei permíteche financiar un máximo de 50.000… Oficial ou B, non?»

O diario La Región publica varios audios nos que o alcalde de Ourense recoñece saber como branquear diñeiro e nos que propón a dous funcionarios que asuman unha multa ao seu nome como condutor dun coche oficial do Concello.

Proportion
Luzes Publico27 Abril, 2023

O coche oficial que conduce Baltar acumula dez denuncias por exceso de velocidade no últimos catro anos

Alfonso Rueda e o PP amparan ao presidente da Deputación Provincial de Ourense mentres PSOE e BNG esixen o seu cesamento.

Proportion
Juan Oliver26 Abril, 2023

O coche oficial de Baltar xa foi multado en 2021 con 500 euros por circular a máis de 150 km/h

A Dirección Xeral de Tráfico triplicou a sanción ata os 1.500 euros porque a Deputación de Ourense se negou a identificar á persoa que conducía o Volkswagen Passat que usa en exclusiva o presidente provincial do PP.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público27 Decembro, 2022

O Supremo confirma a condena á Xunta por autorizar unha macrogranxa de Coren sen avaliar o risco para a saúde e o medio ambiente

O Goberno galego permitiu duplicar a capacidade dunha macrogranxa de pitos cunha nave situada a escasos metros dunha vivenda a cuxos propietarios non deixou comparecer como afectados.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público26 Decembro, 2022

Un xuíz investiga por prevaricación a Baltar por unha presunta vinganza contra o portavoz socialista

O xulgado admite a trámite unha denuncia contra Baltar e dous deputados máis por negarlle ao portavoz do PSdeG na Deputación compatibilizar o seu escano coa docencia universitaria en represalia por unha denuncia socialista.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público30 Novembro, 2022

A oposición acusa a Jácome de «comprar vontades» na policía de Ourense con retribucións irregulares

Asegura que o equipo de Goberno beneficia a un grupo de axentes afíns ao rexedor e ao seu concelleiro de Seguridade Cidadá con ata 6.000 euros en horas extraordinarias

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail