Etiqueta: medio ambiente

Proportion
Juan Oliver13 Maio, 2025

Os veciños alertan do risco epidemiolóxico polos residuos das macrogranxas da Limia

Denuncian «a incidencia terrible dalgunhas enfermidades moi graves» nas localidades que se nutren de auga do río Limia e do pantano das Cunchas, contaminado por cianobacterias.

Proportion
Juan Oliver3 Maio, 2025

A Xunta advertiu hai un ano de que Altri promoverá aínda máis a eucaliptización

Os seus técnicos alertaban tamén do risco de choiva aceda, contaminación por partículas, malos cheiros e aumento do nivel de nitratos nas augas ás que a fábrica de celulosa verterá os seus residuos.

Proportion
Juan Oliver2 Maio, 2025

Os técnicos da Xunta alertaron de que Altri terá un impacto crítico no Camiño de Santiago

A Consellería de Cultura emitiu un informe en 2024 no que advertía de carencias substanciais na avaliación da afección do proxecto sobre o patrimonio cultural do roteiro ao seu paso por Palas de Rei.

Proportion
Juan Oliver1 Maio, 2025

Altri propón reducir o impacto visual da cheminea de 75 metros pintándoa de verde

A Xunta pretende converter nunha «icona» arquitectónica unha celulosa que emitirá gases tóxicos, cinzas e CO2 á atmosfera e cre que pode funcionar como «atractivo» turístico da zona.

Proportion
Juan Oliver27 Abril, 2025

Altri asegurou á Xunta que a súa celulosa crearía cinco veces máis empregos dos que en realidade xerará

O Goberno de Alfonso Rueda declarou a factoría como proxecto estratéxico sobre un informe no que a firma portuguesa prometía empregar a 2.500 persoas, cifra que agora rebaixa a ao redor de 500.

Proportion
Juan Oliver23 Abril, 2025

A oposición a Altri recada 20.000 euros en tres días para financiar a vía xudicial contra a celulosa

Ecoloxistas e veciñas convocan unha concentración ante o Congreso o 8 de maio para esixir que non se financie con diñeiro público o proxecto industrial da multinacional portuguesa en Palas de Rei.

Proportion
Juan Oliver12 Abril, 2025

José Soares, o CEO formado na industria química empeñado en construír a celulosa de Altri en Galicia

O máximo executivo da multinacional portuguesa, directivo durante 15 anos na multinacional Dow Chemical, mantén a súa campaña de 'greenwashing' pese ao rexeitamento ao seu proxecto da sociedade galega.

Proportion
Belén Teiga7 Abril, 2025

Galicia, un gran refuxio climático?

O clima suave da nosa comunidade é usado como reclamo turístico nun contexto xeral de aumento de temperaturas, pero tamén aquí nos afecta por esa tendencia á alza. 

Proportion
Juan Oliver31 Marzo, 2025

«Dato mata relato»: a resposta social sitúa a Altri como o debate máis relevante en Galicia en 25 anos

A oposición á macrocelulosa vai gañando paso a paso a batalla argumental á multinacional lusa e á Xunta a pesar de ter na súa contra os medios públicos e a prensa privada que Rueda rega con axudas

Proportion
Alexandre Mato26 Marzo, 2025

Os problemas medioambientais galegos amoréanse en Bruxelas

A Comisión Europea aínda non se pronunciou sobre Altri, pero semella ser consciente do impacto negativo das verteduras de auga en especies de vital importancia marisqueira. E isto sería unha novidade aínda non pública nin oficial porque suporía a intervención de Bruxelas.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail