Etiqueta: manipulación

Proportion
Juan Oliver30 Xaneiro, 2026

A tele pública de Galicia: oito anos de protestas dos traballadores coas peores cifras audiencia da súa historia

Os «venres negros» que organiza a plataforma Defende a Galega cumpren máis de 400 semanas mentres o «share» medio da cadea autonómica cae ao 8,6%, a peor cifra en máis de 40 anos.

Proportion
Luzes Publico19 Agosto, 2025

O persoal da TVG e da Radio Galega pide o cesamento dos responsables de informativos pola cobertura dos incendios

Acúsanlles de «inacción deliberada» para ocultar a gravidade da situación provocada polo lume e piden que sexan substituídos por «profesionais da redacción capaces de liderar» a cobertura da catástrofe.

Proportion
Juan Oliver13 Marzo, 2025

Así reforza Alfonso Rueda o control político do PP sobre a tele e a radio públicas

O PP aproba en solitario a norma para nomear o director xeral do ente sen contar coa oposición. A nova lei elimina o órgano que debería velar pola pluralidade informativa e substitúeo por un consello asesor no que o PP se asegura a maioría.

Proportion
Juan Oliver23 Decembro, 2024

A CRTVG perdeu en dous anos e medio 40 casos por vulneración de dereitos do persoal

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condenou nese período á CRTVG a pagar preto de 300.000 euros en despedimentos improcedentes e entre 20.000 e 30.000 polas costas xudiciais derivadas desas causas.

Proportion
Juan Oliver3 Decembro, 2024

O PP inicia en plena folga da CRTVG a tramitación da lei que reforza o seu uso partidista

A oposición alerta de que a manipulación informativa «xa roza o obsceno» mentres a Comisión Europea lembra que os medios públicos deben estar sometidos a criterios «transparentes, obxectivos, non discriminatorios e proporcionados».

Proportion
Juan Oliver22 Outubro, 2024

A tele galega censura o xuízo de Samuel en liña coa estratexia dun avogado irmán da secretaria xeral do PPdeG

Xornalistas da CRTVG denuncian a prohibición de difundir nomes e imaxes dos presuntos asasinos, en conivencia coa defensa de Catherine Silva, que exerce o irmán de Paula Prado.

Proportion
Luzes11 Outubro, 2024

Rectificación da CRTVG

Na nota advirten que, de non publicarse antes de tres días, acudirán á vía xudicial para ejercitar as accións legais que correspondan en defensa dos intereses da CRTVG.

Proportion
Juan Oliver8 Outubro, 2024

A CRTVG en negro: folga indefinida, directivos xulgados por acoso e cambios lexislativos para reforzar a manipulación do PP

A folga do persoal pon de manifesto a crise na que derivou a posta ao servizo dos intereses de Rueda e Feijóo dos medios públicos de comunicación de Galicia.

Proportion
Juan Oliver12 Setembro, 2024

A Xustiza anula dúas sentenzas que absolveron a tele galega por represaliar xornalistas

Varios colectivos presentan no Parlamento de Galicia unha iniciativa lexislativa popular que pretende garantir o pluralismo ideolóxico e a pluralidade informativa dos medios públicos en mans da Xunta

Proportion
Juan Oliver30 Xullo, 2024

A oposición galega alerta contra a lei coa que Rueda quere tomar o «control absoluto» da TVG

O Partido Popular quere cambiar o sistema de designación do director da CRTVG para poder nomealo sen necesidade de pactalo co resto de grupos do Parlamento de Galicia

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail