Etiqueta: macrocelulosa

Proportion
Juan Oliver28 Maio, 2025

A oposición a Altri recada 74.000 euros para pagar os gastos do proceso xurídico contra a celulosa

As plataformas contrarias á instalación da fábrica logran a cantidade mínima que debían obter para garantir o éxito do 'crowfunding' que puxeron en marcha hai un mes.

Proportion
Juan Oliver3 Maio, 2025

A Xunta advertiu hai un ano de que Altri promoverá aínda máis a eucaliptización

Os seus técnicos alertaban tamén do risco de choiva aceda, contaminación por partículas, malos cheiros e aumento do nivel de nitratos nas augas ás que a fábrica de celulosa verterá os seus residuos.

Proportion
Juan Oliver2 Maio, 2025

Os técnicos da Xunta alertaron de que Altri terá un impacto crítico no Camiño de Santiago

A Consellería de Cultura emitiu un informe en 2024 no que advertía de carencias substanciais na avaliación da afección do proxecto sobre o patrimonio cultural do roteiro ao seu paso por Palas de Rei.

Proportion
Juan Oliver1 Maio, 2025

Altri propón reducir o impacto visual da cheminea de 75 metros pintándoa de verde

A Xunta pretende converter nunha «icona» arquitectónica unha celulosa que emitirá gases tóxicos, cinzas e CO2 á atmosfera e cre que pode funcionar como «atractivo» turístico da zona.

Proportion
Juan Oliver27 Abril, 2025

Altri asegurou á Xunta que a súa celulosa crearía cinco veces máis empregos dos que en realidade xerará

O Goberno de Alfonso Rueda declarou a factoría como proxecto estratéxico sobre un informe no que a firma portuguesa prometía empregar a 2.500 persoas, cifra que agora rebaixa a ao redor de 500.

Proportion
Juan Oliver23 Abril, 2025

A oposición a Altri recada 20.000 euros en tres días para financiar a vía xudicial contra a celulosa

Ecoloxistas e veciñas convocan unha concentración ante o Congreso o 8 de maio para esixir que non se financie con diñeiro público o proxecto industrial da multinacional portuguesa en Palas de Rei.

Proportion
Juan Oliver14 Decembro, 2024

Altri non!, a versión actualizada do Nunca máis contra a celulosa que a Xunta quere construír en Palas de Rei

Os colectivos que se opoñen á factoría contaminante de pasta de papel esperan que miles de persoas acudan este domingo á manifestación que convocaron en Santiago

Proportion
Juan Oliver9 Setembro, 2024

Galicia contra a peste

O proxecto da multinacional portuguesa Altri de levantar unha pasteira xunto ao río Ulla en Palas de Rei está a ter unha forte contestación social. Hai xa medio século houbo oito intentos de construír factorías semellantes á erguida por ENCE en Pontevedra. A mobilización social conseguiu frealos.

Proportion
Juan Oliver6 Xuño, 2024

A Xunta fomenta proxectos lesivos como o de Altri ao deixar a Galicia como a comunidade con menos territorio en Rede Natura

A multinacional papeleira portuguesa prevé levantar a súa fábrica de celulosa en terreos que a Xunta de Feijóo prometeu hai 12 anos incluír no catálogo europeo de áreas protexidas.

Proportion
Juan Oliver5 Xuño, 2024

Altri admite que emitirá tanto CO2 como 21.500 coches

O conselleiro delegado da multinacional portuguesa atribúe á "desinformación" a contestación social contra a fábrica que a firma quere instalar na localidade lucense de Palas de Rei.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail