Etiqueta: lei de memoria democratica

Proportion
Juan Oliver18 Febreiro, 2025

Vilalba estuda retirarlle a Manuel Fraga os títulos honoríficos que lle outorgou durante o franquismo

PSOE, BNG e Vilalbaberta, con maioría sobre o PP en Vilalba (Lugo), queren eliminar a escultura que o homenaxea como ministro da ditadura no centro da vila e suprimir a súa condición de fillo predilecto.

Proportion
Juan Oliver12 Febreiro, 2025

A esquerda galega mantén honras franquistas a Manuel Fraga en dúas deputacións e dez concellos

A Coruña, gobernada por Inés Rey (PSOE), e Santiago, por Goretti Sanmartín (BNG), evitan retirar os títulos concedidos durante a ditadura ao exministro de Franco, fundador do PP e expresidente da Xunta de Galicia.

Proportion
Juan Oliver7 Febreiro, 2025

Cariño, gobernado polo PP, retira o nome de Manuel Fraga a unha rúa

Cariño aproba unha moción do BNG, co apoio do PSdeG e a abstención do PP, para quitarlle o nome de Manuel Fraga Iribarne a unha das principais avenidas da vila.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público5 Febreiro, 2023

O Museo Militar da Coruña segue honrando a Franco cun busto e un retrato entre reis e heroes de guerra

O Ministerio de Defensa refusa confirmar se cumprirá a Lei de Memoria para retirar unha escultura e un cadro en recordo do ditador situadas entre obras dedicadas a Isabel de Castela, Carlos I, Felipe II, Alfonso XIII e Juan Carlos I.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail