Etiqueta: En Aberto

Proportion
Luzes30 Marzo, 2026

O xuramento da eclipse

O 12 de agosto, durante dous minutos, poderemos ver a Eclipse Solar. Galicia será un dos mellores miradoiros para este agasallo da natureza. Mais estamos a vivir outra Eclipse Total, que se vai espallando como unha época de tebras, de acelerado retroceso, e de pulsión destrutiva para a humanidade e para a natureza toda.

Proportion
Luzes4 Marzo, 2026

De Xesucristo a Carl von Clausewitz

Unha das principais diferenzas entre unha sociedade que prospera e outra en retroceso é que a sociedade avanzada é «integradora» mentres a estancada ou en declive caracterízase por unha mentalidade «expulsatoria».

Proportion
Luzes3 Febreiro, 2026

A esperanza de vida e o narcisismo tirano

Non preocupa a mortalidade dos comúns, e máis aínda se son migrantes ou indíxenas ou «subhumanos». O triunfo da cobiza neoliberal desembocou nesta época do «individuo tirano», coa ideoloxía dun narcisismo fascista. O que obsesiona a estes supremacistas endeusados é a súa saúde, a súa lonxevidade.

Proportion
Luzes1 Decembro, 2025

O pasado viril, o futuro feminista

A manosfera non é unha moda pasaxeira. Non é unha carallada efémera de Internet. Esa miríade de foros, webs e youtubeiros cavernosos, xunto coa subcultura «invisíbel» dos machochats, teñen como estupefaciente enerxético común a xenreira á muller, e en especial, á muller concienciada.

Proportion
Luzes1 Outubro, 2025

Os megaincendios e a inmolación rural

O afundimento do medio rural é unha derrota para todo o país. Pensar que o benestar urbano vai ser compatíbel co desleixo cara ao rural, ese «ir afacéndose», ese fatídico laissez faire,  é algo máis que ignorancia e incompetencia. É unha política do dano, do maltrato, que queima á sociedade no seu conxunto.

Proportion
Luzes3 Setembro, 2025

Nós non estamos de acordo

A suma dos negacionismos climático, da violencia de xénero, da diversidade cultural, do Holocausto, da memoria histórica... Trump, Netanyahu, a Internacional Ultra... As cousas está mal. Pero hai unha constelación de xentes e de pobos que non está de acordo. A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é hoxe un texto máis revolucionario que nunca.

Proportion
Luzes3 Agosto, 2025

A lingua bate onde doe o dente

Ter unha lingua propia é un recurso impagábel. Sábeno ben países avanzados, grandes e pequenos. Que vale o galego para a actual Xunta? En Educación destínanse dous euros ao ano por alumno para a teórica «potenciación» do galego. Iso é o prezo da lingua. A esmola de dous euros.

Proportion
Luzes7 Xullo, 2025

A causa das causas, o caso dos casos

Aquel conselleiro, Alfonso Villares, que despachou cunha brincadeira a crise ambiental na beiramar galega, puido comprobar o ben que funcionaba esa especie de Decisionismo autóctono. O importante é saber quen manda aquí. E o que manda vén sendo a palabra de orde.

Proportion
Luzes16 Maio, 2025

O cantar indómito que se ergue do chan

Un tecido, de aparencia fráxil e invisíbel, prendido en todos os seus extremos á realidade como arañeira e que se fai visíbel no intre en que se escribe entre labios. A oralidade. A natureza como libro e o libro como mundo.

Proportion
Marta Otero Mayán14 Marzo, 2023

Tras a tremoia do hotel

As camareiras de piso, popularmente coñecidas como kellys, apócope de «as que limpan», exercen diariamente un labor silencioso, discreto e invisible polos corredores dos hoteis. No proceso deixan as costas, as forzas, a saúde e máis tempo do que figura no seu contrato.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail