Etiqueta: Dereitos dos traballadores

Proportion
Juan Oliver26 Maio, 2026

As dependentas de Inditex e do comercio vario da Coruña acampan fronte á sede da patronal

Denuncian as presións da compañía de Amancio Ortega para incluílas nun convenio estatal que, segundo aseguran, pon en perigo os seus dereitos e as súas condicións laborais e salariais.

Proportion
Juan Oliver22 Maio, 2026

De Zara a Gadis: rebelión de mulleres contra a precariedade laboral no comercio da Coruña

As traballadoras do comercio téxtil e da alimentación convocan folgas contra a perda de dereitos e a precariedade en dous sectores feminizados, dominados por xigantes como Inditex e Gadisa.

Proportion
Juan Oliver10 Maio, 2026

O metal de Pontevedra plántase: 33.000 traballadores paran a provincia industrial de Galicia ante o bloqueo patronal

Os sindicatos CIG, CCOO e UGT reclaman unha suba salarial do 16 % en catro anos para compensar a perda de poder adquisitivo tras anos de inflación acumulada.

Proportion
Juan Oliver26 Novembro, 2025

Air Europa anula o protocolo que lle permitía ao seu persoal non traballar en voos con orixe ou destino en Israel

O sindicato de tripulantes de cabina (Sitcpla) denuncia que a Air Europa lle importa máis o diñeiro que a seguridade das súas traballadoras.

Proportion
Juan Oliver6 Maio, 2025

A xornalista que denunciou por acoso a cúpula da CRTVG recorre o arquivo da causa

A defensa da traballadora apela á Audiencia da Coruña alegando que a xuíza de Instrución obviou probas e testemuños que ao seu xuízo demostran a campaña de humillacións que denunciou.

Proportion
Juan Oliver3 Marzo, 2025

A CRTVG retira a sanción coa que ameazou á xornalista que denunciou a súa cúpula por acoso

A compañía admite un defecto de forma no procedemento contra a traballadora que instou a querela pola que nove directivos foron imputados por un delito contra os dereitos laborais.

Proportion
Juan Oliver5 Febreiro, 2025

A Audiencia Provincial da Coruña avala o proceso penal contra a cúpula da CRTVG

O tribunal rexeita o recurso das defensas do director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, e doutros oito directivos, contra a prórroga da instrución da súa causa por acoso laboral a unha xornalista.

Proportion
Juan Oliver4 Xaneiro, 2025

O director da CRTVG acusado de acoso laboral culpa aos seus directivos diante da xuíza que os investiga

Alfonso Sánchez Izquierdo responsabiliza aos directores de informativos, recursos humanos e saúde laboral: «Sabía quen era a afectada, outra cousa é que estivese preocupado por como se tramitaban as súas queixas».

Proportion
Juan Oliver23 Decembro, 2024

A CRTVG perdeu en dous anos e medio 40 casos por vulneración de dereitos do persoal

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condenou nese período á CRTVG a pagar preto de 300.000 euros en despedimentos improcedentes e entre 20.000 e 30.000 polas costas xudiciais derivadas desas causas.

Proportion
Juan Oliver6 Decembro, 2024

A TVG premia cun alto cargo á avogada que defende os seus casos de acoso e represalias contra xornalistas críticos

Os representantes do persoal cren que o nomeamento da letrada, que exerce agora como instrutora dos expedientes sancionadores contra dúas traballadoras en folga, esconde un «pago de favores» do PP.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail