Un manto gris comezou a cubrir o ceo ese domingo dende primeira hora da mañá. Pequenos raios de luz incandescentes atravesaban as nubes de fume, que deixaban ao seu paso unha choiva incesante de cinzas. O ambiente era cada hora máis abafante, denso, a calor intensa. Un cheiro a queimado instalouse nos narices e nas gorxas.