Etiqueta: Almanaque do Asombro

Proportion
Estibaliz Espinosa18 Decembro, 2025

O ceo das ciencias sociais

A xerarquía das ciencias e a separación das ciencias e as humanidades é unha falacia. A ciencia social permite que a ciencia se vexa as engurras, que os laboratorios teñen paredes, as paredes, oídos, e os orzamentos, intencións. Serve para lembrar que a descuberta máis pura non deixa de ser filla do seu tempo, dos seus acertos e miserias.

Proportion
Estibaliz Espinosa14 Decembro, 2025

A laranxa cuántica

Unha apoloxía do felino como a única entidade capaz de colapsar a función de onda mentres lambe unha pata. E se a materia escura fose como a indiferenza dun gato negro nun cuarto sen luz?

Proportion
Estibaliz Espinosa14 Decembro, 2025

A ceo aberto, dando voces

Ver as estrelas é un dereito, un dereito que se propuxo como o número 18 dos obxectivos Axenda de Desenvolvemento Sostíbel 2030 (ODS) de Nacións Unidas. Somos a primeira xeración de homínidos que, entendendo o que é fisicamente unha galaxia, deixa de ver a súa propia no ceo nocturno.

Proportion
Estibaliz Espinosa11 Decembro, 2025

Onde estaremos cando o leamos

Aquelas amizades que parecían desafiar as leis da física tamén están suxeitas á deriva continental da cuarta dimensión. Non sempre hai culpables, nin traizóns. Só a física implacable da vida imitando o cosmos: actúa entre nós unha sorte de enerxía escura, esa forza misteriosa que non só afasta as galaxias, senón que acelera a súa separación canto máis distantes están.

Proportion
Estibaliz Espinosa10 Decembro, 2025

Cantarlles ás abellas

A abella, criatura de 100 millóns de anos de orde hexagonal, fica presa na desorde dun mundo que se autopoliniza colapso. E queda o despropósito das flores orfas e sen froito. E as alvarizas tan baleiras de ritual como cheas de urxencia.

Proportion
Estibaliz Espinosa6 Decembro, 2025

O que desde a órbita nos constitúe

Desde esta órbita, o abandono é a tonalidade principal: o noso mundo tampouco ten compañeiro habitado. Quero ver algo máis: que neste planeta polo de agora só, cada recanto inventou a súa propia forma de existir. Non é un problema por resolver, a biodiversidade, máis ben o único xeito no que a vida dá en manifestarse.

Proportion
Estibaliz Espinosa5 Decembro, 2025

Aquelas listas de cousas sobre as que nevará

Mentres os humanos discutían leis no Parlamento, as patacas Agria da Limia, as Kennebec e a Fina de Carballo seguiron o seu propio calendario, indiferentes ao DOGA. As únicas filósofas que de veras nos quedan, seguiron a remoer baixo os cornos.

Proportion
Estibaliz Espinosa4 Decembro, 2025

Xustiza poética / xustiza cósmica

Cando unha administración pública pide «altruísmo» a unha creadora autónoma para «facer país», está apelando a unha falsa xustiza poética. A xustiza poética rompe a chorar cando observa a folla de gastos dun evento cultural.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail