Etiqueta: Alberto Núñez Feijóo

Proportion
Juan Oliver28 Maio, 2025

A doble lingua de Feijóo: cando o líder do PP si pedía usar o galego na UE

O rexeitamento do PP á oficialidade europea do galego, o eúscaro e o catalán contradí a práctica habitual do seu líder durante os 13 anos en que se mantivo como presidente da Xunta de Galicia

Proportion
Juan Oliver21 Maio, 2025

Eulen e Florentino Pérez, á caza de dúas residencias de maiores doadas á Xunta por Amancio Ortega

A empresa onde é directiva a irmá de Feijóo e unha filial da construtora do presidente do Real Madrid optan aos 41 millóns da privatización de dous centros públicos pagos polo dono de Inditex.

Proportion
Juan Oliver15 Maio, 2025

O PP salta os seus estatutos e segue sen expedientar a Baltar tras a súa condena

O expresidente da Deputación de Ourense mantén o seu escano e o seu soldo de 70.000 euros no Senado a pesar da sentenza do Supremo que o considerou culpable dun delito contra a seguridade viaria.

Proportion
Juan Oliver14 Maio, 2025

A transición enerxética de Feijóo: de querer encher Galicia de muíños a demonizar as renovables

A oposición e as asociacións ecoloxistas critican o desenvolvemento eólico «caótico» e «desmedido» que promoveu o presidente do PP nos seus anos á fronte da Xunta.

Proportion
Juan Oliver20 Abril, 2025

Feijóo e Rueda pagaron outros 250.000 euros da Xunta a medios da ultradereita madrileña

Libertad Digital, a empresa de Jiménez Losantos, que ocupa o posto 11 nas audiencias de radio en Galicia, levou máis de 160.000 euros en adxudicacións a dedo, e a de Javier Negre, EDA TV, máis de 86.000.

Proportion
Juan Oliver18 Abril, 2025

Feijóo e Rueda repartiron á prensa de Madrid case outros 1,9 millóns en contratos menores da Xunta

A editora de «ABC», con 5.000 lectores en Galicia, foi a empresa de comunicación non galega máis beneficiada, con máis de 425.000 euros en 119 adxudicacións a dedo en sete anos.

Proportion
Juan Oliver16 Abril, 2025

O PP pagou en seis anos 17,8 millóns en publicidade e subscricións da Xunta a xornais afíns

As empresas vinculadas a «La Voz de Galicia» e as do Grupo El Progreso, Prensa Ibérica, «La Región» e Editorial La Capital obtiveron máis 4.700 contratos menores a dedo entre 2018 e 2024.

Proportion
Juan Oliver6 Abril, 2025

As empresas da contorna familiar de Feijóo cobraron 31 millóns en seis anos en contratos a dedo da Xunta

Eulen e Universal Support, onde son directivos a súa irmá e o seu cuñado, beneficiáronse de miles de adxudicacións sen concurso da Administración autonómica.

Proportion
Juan Oliver4 Abril, 2025

Rueda ocultou ao Parlamento de Galicia miles de contratos da Xunta coa empresa da irmá de Feijóo

A Administación autonómica só enviou á comisión de investigación 433 contratacións das polo menos 1.566 que se tramitaron en favor das sociedades do Grupo Eulen.

Proportion
Juan Oliver24 Marzo, 2025

De Negre ao curioso caso de «El Catón Compostelano»: os malabares da Xunta para untar medios afíns

Feijóo e Rueda entregaron en 16 anos máis de 50 millóns á prensa conservadora e de extrema dereita co mesmo sistema de axudas discrecionais e convenios a dedo que puxo en marcha Fraga.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail