Etiqueta: advento

Proportion
Estibaliz Espinosa5 Febreiro, 2026

As ondas do mar da radio, que grandes son!

Cuac FM, unha emisora comunitaria galega que insiste en existir como se o aire fose de todos. Ah, é que non o é? No 2026 celebramos tres décadas de ondas que surfean desde A Coruña e por toda a área metropolitana e bisbarra. Parpar de parruliño que se xa fixo grande, toda unha Mamá Pata.

Proportion
Estibaliz Espinosa4 Xaneiro, 2026

Informe sobre un cúmulo estelar chamado Curiosidade (ou notas á marxe de 2015)

A curiosidade non é un recurso de xestión cultural nin un gadget da sociedade do rendemento, senón a dialéctica entre o que medimos e o que presentimos. O recoñecemento de que o asombro e o pensar crítico é matriz onde florecen metáfora e empatía. Que a constante de Planck mide tamén a luz no interior da nosa mente literaria.

Proportion
Estibaliz Espinosa31 Decembro, 2025

Fillos dunha estrela soa

No noso arrabalde, a Vía Láctea, predominan as estrelas solitarias, como o noso Sol. Aquí, o mundo semella deseñado para o «pack», para a parella que se reparte a culpa de que o neno non coma brócoli. Os erros do sistema nun Estado de Benestar limitado a unhas poucas fórmulas familiares poden traducirse en risco de pobreza.

Proportion
Estibaliz Espinosa23 Decembro, 2025

As Xemínidas

Non nos conformamos cos residuos do que foi asombroso. Cos entullos, cos cachotes. Escollemos que este rastro de terra viva sen inventarios de cinza: con monte xestionado, fragas e árbores senlleiras. Ulloa viva. Meirás e me volverás. O patrimonio non é un meteoro; o asombro non caduca.

Proportion
Estibaliz Espinosa22 Decembro, 2025

O oso encerrado na cova

Medicalizamos a tristeza. Tapamos fendas estruturais con Diazepam. En Galiza, moitas avoas e moitos traballadores do mar ou do téxtil, moito profesorado e moito traballador da propia sanidade levan anos anestesiando a alma porque ninguén lles asegurou que tiñan dereito a sentir a dor sen avergoñarse

Proportion
Estibaliz Espinosa18 Decembro, 2025

O ceo das ciencias sociais

A xerarquía das ciencias e a separación das ciencias e as humanidades é unha falacia. A ciencia social permite que a ciencia se vexa as engurras, que os laboratorios teñen paredes, as paredes, oídos, e os orzamentos, intencións. Serve para lembrar que a descuberta máis pura non deixa de ser filla do seu tempo, dos seus acertos e miserias.

Proportion
Estibaliz Espinosa14 Decembro, 2025

A laranxa cuántica

Unha apoloxía do felino como a única entidade capaz de colapsar a función de onda mentres lambe unha pata. E se a materia escura fose como a indiferenza dun gato negro nun cuarto sen luz?

Proportion
Estibaliz Espinosa14 Decembro, 2025

A ceo aberto, dando voces

Ver as estrelas é un dereito, un dereito que se propuxo como o número 18 dos obxectivos Axenda de Desenvolvemento Sostíbel 2030 (ODS) de Nacións Unidas. Somos a primeira xeración de homínidos que, entendendo o que é fisicamente unha galaxia, deixa de ver a súa propia no ceo nocturno.

Proportion
Estibaliz Espinosa11 Decembro, 2025

Onde estaremos cando o leamos

Aquelas amizades que parecían desafiar as leis da física tamén están suxeitas á deriva continental da cuarta dimensión. Non sempre hai culpables, nin traizóns. Só a física implacable da vida imitando o cosmos: actúa entre nós unha sorte de enerxía escura, esa forza misteriosa que non só afasta as galaxias, senón que acelera a súa separación canto máis distantes están.

Proportion
Estibaliz Espinosa10 Decembro, 2025

Cantarlles ás abellas

A abella, criatura de 100 millóns de anos de orde hexagonal, fica presa na desorde dun mundo que se autopoliniza colapso. E queda o despropósito das flores orfas e sen froito. E as alvarizas tan baleiras de ritual como cheas de urxencia.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail