PODCAST

CTL 15: Sara Donoso

Sara Donoso cóntanos a experiencia do XIII Encontro de Artistas Novos, #EAN13. O Gaiás convértese por décimo terceiro ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores e creadoras emerxentes teñen a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días…

Lanrobers, Felpudo e xabarís

Na TVG contemplan que Ana Pontón vaia convidada a Luar en compensación polo inicio de campaña que Alfonso Rueda fixo en Land Rober? Pasen e escoiten.

A ver, os aliens existen ou non?

Esta semana toca episodio especial de Malva e Duarte falan de Misterios, porque deixamos de lado os vellos enigmas e traemos a última hora dun dos temas paranormais do momento: os aliens. De feito, é tan especial que pasamos mais tempo falando doutros temas que de ovnis.

Dous galegos e un destino

Volvemos ao traballo. Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro comentan a fracasada investidura de Alberto Núñez Feijóo. Ou non foi un fracaso? Estaría Feijóo buscando algunha outra cousa ademais da presidencia?

Olivia Rodrigo, Sophie Turner e demais cultura pop

Volvemos despois de ter a Sara Riveiro secuestrada unha semana para obrigala a charlar un chisco máis sobre a epidemia de divorcios de famosos, as vidas sentimentais das Kardashian e ser a amiga á que tes medo de presentarlle o teu mozo.

CTL 15: Códice K

Neste programa nunca pode faltar o teatro! Chegamos algo tarde con respecto á estrea, mais Códice K está de xira. Temos con nós a parte do equipo artístico da peza. En xullo de 2011 desaparece o Códice Calixtino.

S03E05 – O misterio do accidente de Formula 1

Ninguén contaba con isto, pode que nin nós mesmos, pero esta semana temos un misterio de Formula 1! @SaraRiveiro ven falar con Malva e Duarte sobre un estraño suceso de Fernando Alonso, a casposa figura de Rafa Nadal e os fandoms tóxicos.

S03E04 – Malva e Helena falan de tanxentes

Esta semana Duarte marcha de vacacións, pero non vos preocupedes, que ven Helena (@cousasrarismas) a ocupar o seu lugar! Nunha conversa máis longa do que debería sobre monolingües, Love Actually e o os beneficios de ter amigues desempregades, un non pode evitar pensar que en vez de “Malva e Helena…

CTL 14: Alba Guzmán Falcón

Abrimos tempada cunha das novas voces da literatura galega. Ourensana, ven de gañar diversos premios. Entre eles o Xuventude Crea. A súa novela publicada en Xerais, Xoaniña de Deus, está dando moito que falar. Mais falamos con ela non só diso, senon de moito máis: o seu proceso de traballo,…

S03E03 – O misterio dos plátanos

Non sempre temos que viaxar a países moi afastados; esta semana, o misterio queda na casa. Tres plátanos, cinco sospeitoses, e un invitado moi especial no segundo episodio da terceira tempada, onde esta vez Malva, Duarte e Diego Anido falan de misterios.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail