PODCAST

CTL 43: Lontreira

Adriana Cores, Héctor Rodríguez (Rotce) e Iván Barral son os tres compoñentes de Lontreira, un grupo de música en galego con raíces na Illa de Arousa e con Vigo como berce da súa formación, rúas nas que coñeceron Churruca e nas que uniron os seus talentos nun proxecto musical que…

Os enganados de Palas de Rei e as cartas aurienses

A xente foi enganada a Palas? A Xunta sabe calcular os cartos que necesita para dar os servizos á cidadanía que ten a obriga de dar? Haberá algunha saída ao sarillo político das institucións ourensás? Pois non. A todo.

CTL 42: As Neves

Están con nós Sonia Méndez (directora), Nati Juncal (productora) e Andrea Varela (coprotagonista). As Neves é un pobo galego de montaña onde todos se coñecen. Na noite de Entroido un grupo de adolescentes fan unha festa e tómanse cogomelos por primeira vez. Ó día seguinte espertan cunha tormenta de neve…

Non é país para trens (nin para preguntas)

O porto de Punta Langosteira na Coruña vai haber que pagalo, non como outros, e os trens rápidos van chegar máis tarde do anunciado. A actualidade non soamente está sobrevalorada, senón que non deixa de ser unha variante do Día da Marmota.

CTL 41: Óscar Cruz

Guionista por paixón e necesidade de contar historias. Comecei o meu camiño en internet con series como 'O método sueco'. Antigo alumno do Máster de Guión da UPSA e guionista da comedia de situación 'Peter Brandon'. Agora, recentamente premiado nos Mestre Mateo pola webserie “A arte de ser (mal) pai”.…

As Peores Persoas do Mundo (Malva’s Version)

Esta semana Malva e Duarte volven para falar sobre unha nova horrible persoa. Malva cóntanolo todo sobre alguén cuxa maldade tivo unhas consecuencias que seguen estando claramente presentes e vixentes a día de hoxe. Ligazóns de interese: Situación no Congo Situación en Sudán

Marta, ven en tren!

Marta Otero Mayán, como Escarlata O'Hara, xurouse a si mesma que nunca madrugaría por home ningún. Pois rompeu a promesa a semana pasada, certo é que por un homazo de altura –cando menos física– como o ministro Óscar Puente.

CTL 40: María Reimóndez

María Reimóndez naceu en Lugo e é tradutora e intérprete de profesión. Como escritora o seu primeiro libro publicado é o poemario Moda Galega (Ed. Positivas, 2002). No 2013 regresou á poesía coa publicación de tres poemarios: Presente continuo (Xerais, 2013), Moda Galega Reloaded (Ed. Positivas, 2013) e kleinigkeiten/cousiñas (Fabulatorio,…

Que contas as do Consello de Contas!!!

Vd sabe en que se gastan os cartos na sanidade pública? Ou por que din que é máis eficiente desviar pacientes á sanidade concertada? Non se preocupe. A Xunta tampouco, segundo o recente informe do Consello de Contas

CTL 39: Dúo crúas

Crúas é un dúo de piano (Iria Sanmarcial) e voz (Alba Ermida) que nace para poñerlles música a palabras de poetas galegas. Poemas feitos cancións, melodías que transportan mensaxes, notas que evocan imaxes. Unha música das entrañas, íntima e delicada, que non se deixa clasificar en xéneros, que cura feridas…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail