PODCAST
1X11: Sabela, a cultura do hate e vivir un reallity
Vivimos nun momento da Historia que a realidade parece superar a ficción, somos protagonistas e figurantes ao mesmo tempo de grandes acontecementos. Algúns vémolos en directo, sen intermediarios, pero a gran maioría son retransmitidos en pantallas que, hoxe en día, son de moitas formas e tamaños. Estas cuartas paredes separaban…
1×10: Neves Rodríguez, historias invisibles e mil cómics para ler
Se hai unha constante na vida é que do que non se fala, non existe a ollos do mundo. Pero isto non significa que non exista de verdade. Moitas foron e son as voces caladas porque a súa dor ou protesta non cabían nunha axenda mediática, porque non cadraban ou…
1×09: A Raíña Vermella, saúde mental e a filosofía Mr. Wonderful
Advertencia: deste programa podes saír cunha sensación de comprensión e mellor estado de ánimo. Moitas son as palabras que empregamos a diario para referinos aos estados mentais. Estamos tolos, malucos, dementes e un longo etcétera que históricamente todos repetimos sen pararnos a pensar na realidade tras estas verbas. Pero quizais…
1×08: Verto, música sen pretensións e medo ás chamadas
Diversión. Esa é a palabra. Neste mundo en constante movemento e a velocidades que meten medo acostumamos esquecernos daquela filosofía do 2004: rir alomenos 10 minutos ao día. Tan importante é facer cousas como ser felices no proceso e, en ocasións, conformarse con iso como resultado final. Non todo pode…
1×07: Marta Veiga, mitoloxía pop e praceres culpables
Fillos de lameiro foi o nome que lle deron en galego ás persoas de sangue mesta do universo Harry Potter. Nos tempos nos que aínda se traducían fenómenos pop do alén tamén se facía unha divulgación da cultura e tradición oral coa que medramos. Estos mitos, que agora forman parte…
1×06: Baiuca, folclore renovado e a Señora de Palmírez
Dicen que cando levas moito tempo lonxe da terra de Galicia, escoitar unha gaita pode emocionarte tanto como a voz da túa nai. O seu son forma parte, dalgún xeito descoñecido, parte do noso ADN. O folclore é un símbolo, unha expresión do pobo e a súa identidade, por iso…
1×05: Lúa Mosquetera, moda sostible e anuncios de fabada
Existe a expresión «persoa do Renacemento» para aquela xente que se adica exitosamente a moreas de cousas. Continuar co espírito de Da Vinci, vaia. Na serie Paquita Salas a isto chámanlle ser unha actriz 360, tanto cantas como interpretas como bailas. O grupo Ojete Calor, facendo mofa da versión máis…
1×04: María Yáñez, outro xornalismo e o cabelo de Ana Kiro
Sempre é gracioso ver a un meniño lendo un xornal, ou polo menos choca frontalmente co que se supón que é un xoguete. Probablemente só esté imitando o que ve que fan os adultos. Pero agora atopánomos nun momento no que nin os maiores len a tinta en papel e…



