PODCAST

1×23: Manuel Gago, recunchos da Historia e un pazo da CIA

Sabemos que o poder, como material, adopta moitas formas e é resistente ao paso do tempo. A narrativa ou o relato é unha destas formas de poder que viven en nós, nas nosas tradicións e refráns, e o principal conto que todos repetimos é a Historia, a xeral que glosa…

1×22: Alberto Mancebo, Portugal e a francesinha xentrificada

Sempre se dixo, logo de decepcionarse co Goberno ou a sociedade, que menos mal que nos queda Portugal. Durante moitos meses, incluso anos, foi un país posto como exemplo de todo, ou case. Non significa que non o sexa, pero tampouco é (ou foi) sempre así. Vivimos quizais nunha burbulla…

1×21: Ledicia Costas, a cultura da morte e a nai de Piecito

Vivimos rodeados de constantes sinais que nos lembran: ollo, podes morrer e, de feito, vas morrer. E todo o mundo advirte que non debes ter présa por facelo. Pero así como hai constantes recordatorios tamén hai un silencio, unha quietude arredor diso na que os adultos calan e prefiren ignorar…

1×20: Cris Iglesias, patriarcado e o amor dos nosos pais

O silencio é un elemento imprevisible. Cando se busca ou se quere provocar rara vez se acada e, polo contrario, aparece no momento menos indicado. Pode ser unha quietude previa á sorpresa, boa ou mala, ou un indicador de vergonza allea, de escarnio público. É unha desas materias fluidas que…

1×19: Bloody Girls, cinema de terror e o medo a moda dos 2000

Din que a contraparte do amor é o odio, pero na maioría dos casos non son comparables porque carecen da mesma enerxía. O odio, por raro que pareza, soe rematar en indeferenza. O medo é realmemte a outra forza que rivaliza co amor, pois ambas son emocións potentes que alteran…

1×18: Miguel Canalejo, límites do humor e películas de gladiadores

A cultura popular di que hai un refrán para cada situación, como a discografía de ABBA. Pero tamén é certo que hai un chiste para indignar a cada persoa. Quizais isto pasa porque a xente non logra todavía diferenciar entre humor e burla, entre ser suxeito ou víctima, e así…

1×17: Ortiga, verbena e a loita contra o raxo con pimentón

En primera liña de verbena, sexa o pobo que sexa, sempre está ese personaxe que baila o que lle poñan sen importar nin quen canta. Todos ollamos para el pensando en como de bébedo ou tolo pode estar, entre risa e comentario. Esa persoa atópase en éxtase, son os seus…

1×16: Antía Yáñez, adolescencia e os haters de Jon Snow

Polas rúas e camiños que transitamos a diario hai historias que permanecen intactas e mudas, que pasan desapercibidas a quen vai con présa ou desganado. Na vila de Portomarín poucos imaxinan, se unicamente van de paso, que se atopan lendas e memorias colectivas sobre o vello pobo agora asolagado polo…

1×15: Artur Galocha, mundo visual e o catálogo de Ikea

É extremadamente complicado que ao longo dun día non atopemos algo que fose deseñado por outra persoa. Directamente imposible. Aínda que quedásemos na cama soamente, ese moble sobre o que durmimos nalgún momento foi un debuxo sobre o papel. Pódese dicir que esta sociedade é cada vez máis visual, case…

1×14: Carlangas, música global e Novedades Herminia

Neste mundo global somos capaces de atopar e escoitar música en segundos que non podíamos nin imaxinar. Do mesmo xeito, os mesóns e parrilladas da nosa terra conviven frecuentemente con restaurantes mexicanos, italianos e asiáticos e nós, como clientes, adaptámonos e combinámolos acorde ao que queremos. Todo vai mudando mentres…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail