PODCAST

S02E10: Consumismo ?️

Un capítulo onde a Malvada Profe, Sara, Saboridinha e Ghanito falan cara a cara, sen convidadas, sobre compras, consumismo e capitalismo. Era de lóxica que tocásemos este tema na semana do Black Friday. Sendo así, fixemos exame de consciencia e até confesamos as nosas adquisicións máis inútiles. Concluímos, por tanto,…

S02E09: P?️RN?️

O aumento no uso das novas tecnoloxías e o acceso cada vez máis precoz que as crianzas teñen a elas permítenlles navegar nun mar ilimitado de contidos a golpe de clic. O primeiro contacto que unha parte considerable da mocidade ten coa educación sexual é o porno. De feito, tanto…

S02E08: carne ?

Cada ano, un cidadán do Estado español consume de media máis de 90 kg de carne, unha cantidade que nos pon á cabeza de Europa en carnivorismo, só superados por Austria segundo datos da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación. Moitas persoas intentan -intentamos?- reducir o…

S02E07: Natural

No episodio desta semana das Womansplainers introducimos o tema do «natural» desde varias perspectivas. Caseiro, artesán, sen químicos...Durante anos a publicidade ten mostrado estas cartas como reclamo para facernos crer que a nosa maneira de consumir vai ser máis ambientalista ou até menos prexudicial para a saúde. Será que todo…

S02E06: Animais de estimación

No estado español hai 13 millóns de mascotas. A maioría son cans, pero o máis sorprendente desta cifra é que supera o número de crianzas menores de 15 anos. Neste episodio acompáñanos Iris Gestoso, bióloga, vexetariana e a maquilladora máis riquiña do TikTok en galego. Coñecemos as razóns que levaron…

S02E05 (II): Defuntas II. Aínda máis defuntas.

Na segunda parte do episodio desta semana, falamos dos saberes máxicos de meigas e compoñedoras, de como actuaban con frecuencia en conivencia coa Igrexa ou de como "sacaban o aire". Tamén levamos as nosas ouvintes de viaxe polo país e por Europa para lles falar dos nosos cemiterios preferidos, aqueles…

S02E05: Defuntas I. A maldición as bruxas

Na primeira parte do episodio dobre desta semana, as Womansplainers discutimos as tradicións e os nomes do Samaín e dos Días de Santos e Defuntos, de como chegaron a nós estas tradicións e como vemos a súa evolución na sociedade galega e a chegada das influencias anglosaxonas a estas festas.…

S02E04: Tindersplaining

Desde unha perspectiva diacrónica podemos interpretar unha fonte, un muíño, unha romaría ou unha discoteca como lugares de reunión onde a posibilidade de ter un encontro casual e coñecer alguén pairaba no aire. Isto foi tradicionalmente así até a chegada da internet nas nosas vidas, que ofreceu novas formas de…

S02E03: Colonización

O día 12 de outubro celébrase no Estado Español o chamado Día da Hispanidade. Co gallo desta efeméride en que nós non temos nada que celebrar, rememoramos o famoso «¿Por qué no te callas?» do rei emérito, as xoias de Aznar e Casado celebrando a hispanidade fronte ao «indixenismo» ou…

S02E02: Cárceres

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos afirma que toda persoa ten dereito á liberdade e á seguridade da súa persoa. O mesmo dereito proclámao a Constitución Española no seu artigo decimosétimo. No entanto, nos cárceres do Estado Español viven máis de 55.000 persoas en situación de privación de liberdade, das…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail