PODCAST
Correntes do Atlántico: Santos, as bágoas que Pepe Macía nunca esquecerá
«Correntes do Atlántico» é unha viaxe sonora na busca dos nosos contos migrantes, que tomaron en América as formas máis diferentes. Os relatos daquelas que volveron a Galicia cas súas maletas cheas, os dos que nunca regresaron e as de todos aquelas galegas e galegos que atopamos no camiño con…
O yaoi, o omegaverso e os Bridgerton
As tanxentes de Malva e Duarte son como caixas sorpresa: non sabes que van conter ata que decides abrilas. E pensamos que, acompañados de novo neste episodio por Sara Riveiro, elevaron esta semana o concepto á enésima potencia.
Sara Riveiro fala de L. Ron Hubbart
Esta semana volve, como prometera, unha das mellores amigas do podcast, para falarnos dunha das súas grandes obsesións: o gran vilán da historia L. Ron Hubbart. Se non sabes quen é espera a que cho conte ela. E se sabes xa quen é únete ao episodio mellor explicado da nosa…
Malva e Duarte recomendan cousas
Neste episodio, Malva e Duarte recomendan cousas: vídeos de youtube, álbumes, pelis e máis. Podedes ver o listado completo das recomendacións mencionadas no episodio aquí.
CTL77: Tromso
Tremenda quedada fixemos coa compañía Morraoconto! Presentan a súa primera peza, Tromsø. É unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. E desta volta, Cultura todas Luzes estréase con vídeo tamén!
As mulleres dos pomelos
Neste episodio no que ambas partes andaban nun silly mood, Malva fálalle q Duarte sobre as mulleres que en 1984 se manifestaron contra o apartheid en Sudáfrica desde Irlanda. Falamos de boycotts, Eurovisión e a adicción ao comfort.
TDAH e ligar
Volvemos unha semana máis ás tanxentes e a conversa vai tornando aos poucos na que terías no salón ás 5 da mañá co teu colega despois de vir de festa (ou, polo menos, máis do que acostumamos). Saltamos entre musicais, series, o déficit de atención, a xestión do desexo e…
CTL76: Isabel Vigo (APOI)
Desta volta falamos con Isabel, que coordina o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). É o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego puxo a andar en abril de 2007.
O Batallón Sagrado de Tebas con aleixosf
Esta semana, por segunda vez consecutiva, contamos cun convidado: o tiktoker, filántropo, playboy e líder do G.A.I.S., Aleixo, que se pasou polo podcast para falarnos do poder do amor, tomando como fío condutor a historia do Batallón Sagrado de Tebas.
Revisar os marcos: A historia de Espello Video-Cine
Dentro da actividade Revisar os marcos da Fundación Luzes en colaboración coa Asociación Alexandre Bóveda, Xosé Manuel Sande, autor da reportaxe a videomemoria do cambio na Luzes 146, profundou no tema conversando co produtor Xosé Xoán Cabanas Cao sobre a historia de Espello Vídeo Cine.







