PODCAST
S02E01: Beleza
Coincidindo co Día Mundial do Podcasting, as Womansplainers subimos o primeiro episodio desta segunda tempada e estreámonos en luzes.gal No episodio estivemos a discutir coa escritora Antía Yáñez sobre BELEZA. Falamos con ela sobre os cánones con que medramos, desde a extrema delgadez das actrices das series dos 90 aos…
1×36 Café Derby Fest: Grande Amore, Dani e Verto
Todo o bo chega sempre ao seu fin e nós non podemos ser menos. Logo de máis de 9 meses case ininterrompidos, o que vén sendo un embarazo practicamente, estreando programa cada mércores, este o noso querido podcast comeza as súas vacacións de verán. Para facelo por todo o alto…
1×35: Alba Mancebo, dialectos e Chavela McCartney-Cortés
Desde non moitas xeracións ata as presentes a tecnoloxía foi adquirindo un rol protagonista, sendo parte incluso da familia, en moitos aspectos ademais do informativo ou do entretemento. Non só os actuais teléfonos intelixentes ou dispositivos similares, tamén os ordenadores dos que tiñan cu cara atrás e a televisión cando…
1×34: Rodrigo Cuevas, Orgullo e o cachopo colonizado
É dificil saber onde remata o amor propio e comeza o egocentrismo. A querencia polo eu pode chegar a ser perigosa pero é algo que debemos facer, máis aínda cando fuximos do establecido ou rachamos con aquelo que chamaron canon e cada día pesa menos. Deste autodescubrimento e proclamación nace…
1×33: Prado Rúa e Cousas Rarísimas, Tik Tok e negacionismo do zodíaco
Durante séculos as historias para asustas aos meniños incluían a persoas descoñecidas que os raptarían ou pequenos diaños que se lles meterían nos miolos para saber o que pensan. Cousas polo estilo que metían medo para evitar futuros problemas, así era e segue sendo a tradición oral. Curiosamente hoxe en…
1×32: OlaXonMario, divas e campións de pilla-pilla
Quen non estivo cos ollos fixos nun reloxo agardando a que dese unha hora concreta para refrescar e refrescar sen parar unha páxina web? Ben por un concerto, ben por un videoclip, ben por unha estrea... Todas estas experiencias comúns, algo tan sinxelo como un click, fai comunidade. Poden ser…
1×31: Grande Amore, música italiana e temazos per cápita
Hai cousas que van e volven, compórtanse como ciclos e nacen como respostas a outros elementos. Tamén hai outras cousas constantes, menos comúns pero máis fortes e duradeiras. Unha delas é o rock, en grandes letras, que xamais se vai pero que por algún motivo sempre volve. Ou iso din.…
1×30: Un café con Xela Arias
Hai días que merecen celebrarse durante un ano e que, á súa vez, celebran unha vida. As Letras Galegas do 2021 adícanse a Xela Arias, poeta e editora que modernizou a literatura galega rachando co feito ata entón. Xela é puro anos 80 e 90, vibrante e salvaxe, amante do…
1X29: Malva, cultura teen e pelea física con Pondal
Cantos domingos teremos pasado na nosa vida fronte ao televisor, logo de comer algo pouco recomendable e repetindo diálogos dunha película (xeralmente considerada mala) que sabemos de memoria? Moitas, agardo que moitas. Grazas a un movemento combativo, a cultura noutra hora considerada de baixa altura ou poca importancia agora ocupa…
1×28: Javi Olleros, o valor da tradición e ser un pachanguitas
Hai algo máxico nas reunións arredor dunha mesa para cear ou xantar, tan máxico como cando cociñas para alguén ou agardas con ansia ese domingo de pote ou cocido feito con amor no forno dunha avoa. A comida é algo cultural, social, que nos afecta a todos porque é parte…