PODCAST

Baltar, Jácome e os golpes ao grande

A "Actualidade está sobrevalorada" está a estudar trasladarse a Ourense, habida conta de que esta é a única cidade onde está a desenvolverse unha campaña electoral campaña-campaña.

Médicos, pluses, Bolaños e a Guarda Civil

Pensabamos que era certo que a Xunta non tiña máis cartos para dedicarlle á Sanidade, e resulta que si, pero non aos doentes.

Speedy Baltar e a Beltraneja en Sanjenjo

Xa sabiamos que os Plans de Vías e Obras das Deputacións era para que as estradas estivesen en condicións, pero non tiñamos claro todas as implicacións do asunto.

Tractoradas, un bribón que vai ao cárcere e outro a Sanxenxo

Dous milleiros de gandeiros, coas súas vacas e os seus tractores, ocuparon Lugo para protestar polos baixos prezos. Páganlles a 5€ o quilo, e producilo custa 7€ e pico. A cesta da compra subiu un 20%, onde van os cartos?

Concesionarios avariciosos, borbóns e outras familias rotas

O Emérito ataca outra vez en Sanxenxo, e o único que parece alegrarse é Alfonso Rueda. Incluso o seu fillo (Felipe VI, non o de Rueda) se pon de perfil.

Chipre: séculos de convivencia e 49 anos de división

As dúas comunidades da illa de Chipre, gregos e turcos, viven divididas desde hai case cinco décadas. Porén, a pesar do conflito e do fracaso das negociacións pra reunificar a illa, existen accións e iniciativas de reconciliación.

Xa é primavera no PSdeG

O baile entre Miñones e Besteiro, con música de Sánchez, fixo que quedara esquecido novamente o noso presidente en comisión de servizos e o seu problema coa axenda sen contido de Ursula von der Leyen.

Comunismo ou Tamamazo… e Paco Vázquez!

A Xunta está disposta a atentar contra a liberdade empresarial participando na propiedade das empresas eólicas. Tamames non deu a sorpresa, pero nós propoñemos un candidato que tería máis opcións.

Narcosubmarinos, mordazas e papel hixiénico

Os recordos de hai xusto tres anos, cando se decretou o estado de alarma pola pandemia do Covid 19 e o conseguinte confinamento. Onde estabas ti? Mercando moreas de papel hixiénico, quizais?

A escala Ritcher da corrupción en España

Que corrupción é peor? A dos políticos? ¿A dos xuíces? A das institucións? A das administracións? A dos medios? A dos empresarios que sustentan todas elas, ou a da cidadanía que as consente mal que ben?

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail