Pablo L. Orosa

Estado xornalístico: infelizmente óptimo

Ultimamente escoito moito iso de «infelizmente óptimo». Seica vale para case todo. Para os consellos de redacción de Luzes, para o estado de saúde e ata para o cambio de Goberno. Mais se hai un sitio onde non deixo de escoitalo é nas conversas con outros xornalistas. «Que mal está…

Os últimos tres minutos

Colleume desprevido. Co estómago baleiro e o Ayer quemé mi casa nos beizos. Xa se sabe que ese non é xeito de afrontar o telexornal. Por aquela pantalla foron pasando as novas, cada unha peor ca outra. As inundacións no oeste. Un novo ataque terrorista no norte. Un estudo que…

A consciencia dun idioma moribundo

Nas illas Surín, quizais o recanto máis fermoso e afortunadamente máis afastado dos circuítos turísticos de Tailandia, atopei unha desas historias que che cambian a perspectiva: era a hora do solpor e estaba a morrer unha palabra. Os vellos moken, os chamados xitanos do mar de Andamán, andaban preocupados. Se…

Amanda Martínez: «No Congo a muller é o campo de batalla»

A estratexia reprodúcese en todos os conflitos. De Birmania a Sudán do Sur. Atacar as mulleres é atacar a sociedade no seu conxunto, pois son elas o sustento familiar. Máis alá das cifras, no Congo a violencia sexual é un problema estrutural. Empezou sendo un arma de guerra, pero hoxe…

Francisco Otero: «Todo o material dos nosos iPhones sae do Congo»

Dicía Unamuno que lle doía España. A Francisco Otero, (A Coruña, 1961) o que lle doe é o mundo. O mundo enteiro. Dende a gran guerra dos Balcáns ao xenocido rohingya. Ultimamente o que máis lle doe é o Congo. Lévalle doendo cinco anos. Dóelle porque as intervencións do equipo…

Elexía da derrota

Eu que son Guardiolista dos que peregrina levo un tempo que non podo deixar de pensar en Zidane. Concretamente dende que perdeu co Leganés. Será que a xente, como ocorre co veciño pesado do sétimo cando morre, cáeme un pouco mellor cando perde. Mais a min Zidane sempre me caeu…

Honduras, capital Venezuela

Fagan a proba. Xúntense con amigos ao redor dunha mesa e vaian sacando temas de conversa. Despois do de Diana Quer (se hai algún cuñao na mesa igual lles presta isto de Pereiro en Ctxt de que Rianxo no es Brooklyn para contraatacar), da drag queen na Cabalgata de Reis…

A vida ao redor do «Y tú más»

Estabamos sobre o minuto oitenta do derbi (funesto un ano máis para os deportivistas) cando os dun lado empezaron a berrar coa sorna do sur iso de «Luisinho balón de oro». Dende o norte, que despois de tantos anos ten para min a voz do home de mar que comunga…

O dereito á felicidade dos infelices: as peiteadoras de Saraxevo

Aínda que finalmente o retiraron, o primeiro argumento de defensa dos cinco mozos sevillanos coñecidos como La Manada e acusados de violar a unha rapaza durante a celebración do San Fermín en 2016 foi un informe encargado a un detective privado no que concluía que a suposta vítima retomara unha…

Rohingya: o xenocidio do que o mundo non escoita falar

Na baía de Bengala o silencio ten conquistado as palabras. A Rohima dálle medo escoitar o silencio. Por iso pasa as noites debuxando un mar que se parece a este que esmorece diante da súa casa. Mais o mar de Rohima non cuspe corpos espumosos. O mar de Rohima trae…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail