Outra vaca no millo
Guía Zillennial Para Saír do Armario
No 2018 saíu a película Love, Simon, baseada no libro do 2015 Simon vs. The Homo Sapiens Agenda. Eu lin o libro no 2016, con 19 anos recén cumpridos e acabada de saír do armario, ese armario metafórico no que estamos as persoas que non somos heterosexuais ou cisxénero ata…
Sobre querer a un poeta
Mandáchesme unha mensaxe despois de catro anos de silencio de radio e recordos esbrancuxados. Supoño que, ás veces, a cidade que nunca durme tamén quita o sono. E é gracioso, porque non estou segura de se recordo o timbre da túa voz, ou o tacto da túa pel baixo a…
A auga que se move
No seu single do 2020 California, Chappell Roan canta: «Vén sacarme de California / Non hai follas marróns / Boto de menos as estacións en Missouri / A miña vila moribunda». Os Países Baixos é unha terra excepcionalmente chá. As miñas amigas e mais eu faciamos moito a mesma broma…
Unha noite de martes calquera
«Es que si no nos vamos la voy a dejar en el suelo», di Alba, cambiando a súa bolsa dun ombro a outro. «Non, non, marchamos xa, va!», responde Fer. Alba veu do traballo case directa ás 10 da noite para cear na miña casa, porque ultimamente parece que nunca…
Drake, Pornhub, Lisa, a guitarrista loira e eu
«Non o podo crer», dime a miña amiga, levantando a pantalla do seu teléfono móbil á webcam do seu ordenador para ensinarme o seu contido. «É unha empidemia!». Na pantalla distingo un perfil de Tinder no que se ve unha parella; un home e unha muller. Non é o primeiro…
Desafortunadamente, non existimos nun baleiro
Na noite do 12 de xullo e 1979 en Chicago, Estados Unidos, o presentador de radio Steven Dahl prendeu uns explosivos que destruíron centos de vinilos de música disco fronte un público de aproximadamente 50.000 persoas na chamada «Disco demolition night». Isto provocou disturbios entre a xa alterada audiencia do…
Ana, Sandra e Mamma Mia
Desde que saíu no ano 2008, para min Mamma Mia é unha película de Nadal. Vina moito coa miña curmá Inés nesa semana nebulosa que parece que non conta entre a Noiteboa e o Aninovo, despois de comer ou antes de ir durmir. Tamén pasamos ben de tempo na sala…
Dolly Parton ou o talento de facerse a parva
Nun dos meus momentos favoritos de Dolly Parton, está ela nun plató de televisión respondendo preguntas do público cando unha señora lle espeta: «Ola, Dolly. Gustaríame saber... canto tempo leva peitear ese pelo?». A cámara apunta a Dolly, co seu enorme e espectacular cabelo loiro e os seus xigantescos pendentes…
Os recordos de Samuel, Spider-Man e as películas de chorar
(Contén spoilers de Spider-Man: No Way Home). Evidentemente, o meu heroe favorito é Spider-Man. Un dos poucos heroes working class, que coida da súa comunidade como pode, con e sen o disfraz posto. Vin todas as películas de Spider-Man mil veces, e téñolle cariño a todas as versións: a de…