Outra vaca no millo

Este corpo meu

Este corpo que é meu, que non é da colección de homes que pasan polo meu dormitorio, non é dun rapaz que só me quere ás agachadas; este corpo que existe cando non é obxecto de desexo. Este corpo meu, que tanto me coida.

«The Walking Dead», a expedición Donner e Samuel

Samuel non me precisa para sobrevivir unha apocalipse zombi, pero supoño que loitar por sobrevivir nun mundo hostil é un pouco como sentar a ver esa serie horrorosa de zombis con el. Non quero, non me apetece nada, non o faría soa. Pero si o faría por estar con el.

Sobre ser demasiado

Pasamos dúas horas sentades no seu sofá facéndonos 'playlists' de cancións que nos recordaran e unhe ae outre. Ambas de máis de tres horas. Rindo todo o tempo como adolescentes. Iso é ridículo, e innecesario. É demasiado. Pero para nós foi o que tiña que ser.

Non lle tes que falar á túa nai de min

Só podo apertar a súa man coa esperanza de que iso lle diga todo o que quero que saiba; que a Igrexa á que lle dedicou todos os domingos ata que marchou daquela vila asfixiante non ten razón. Que ela é perfecta tal e como é, que non lle ten…

Devólveme a miña adolescencia, era miña antes

Que o noso 18 aniversario sexa a fronteira entre que sexa socialmente aceptable ou non ter a homes moito maiores salivando ante a posibilidade de ter acceso aos nosos corpos paréceme algo ao que darlle unha volta. Ou dúas.

Lingua de fantasía

Quen me dera ver as batallas épicas, a maxia e os romances da forma que me gusta: en versión orixinal. Con personaxes que se chaman Antía e Xoel. No salón, coa miña nai. Sen subtítulos. Pero, de momento, conformareime con Galadriel e Arondir.

Outro martes calquera

Agora estou escribindo estas palabras para Ana López Quintela, profe, escritora de contos infantís e unha das miñas amigas máis responsables, para que saiba que escollería tirar os cartos na AP-9 todos os días con ela antes que o mellor plan do mundo con practicamente calquera outra persoa.

Fiona Apple e as palabras amables

Son unha moi dedicada fan da música feita por e para mulleres tristes, enfadadas e intensas. Phoebe Bridgers. Joni Mitchell. Edith Piaf... Pero a indiscutible raíña das señoras tristes, enfadadas e intensas que fan música para outras pobres almas tristes, enfadadas e intensas é Fiona Apple.

Como ser a vítima perfecta

Cando estiven de Erasmus na universidade de Galway, en Irlanda, tiven a sorte de poder escoller unha clase que non estivese directamente relacionada ca miña atroz carreira (Dereito, resultoume infumable e alégrome moito de non tela xa preto), así que rematei rodeada de yankees louras de intercambio en «European Woman’s…

Os meus cumes de Windermere

Na súa canción «The Lakes», Taylor Swift canta: «Eses cumes de Windermere parecen o sitio perfecto para chorar». Os meus cumes de Windermere son os torrentes do Mácara.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail