Outra vaca no millo
Sobre ‘Barbenheimer e as mulleres que fan bombas
A estrea destas dúas películas de alto presuposto tan aparentemente opostas no mesmo día creou unha campaña de marketing conxunta sen precedentes, na que caín como unha mosca.

Falar de nada
As amizades entre mulleres se converteron nun dos moitos obxectos das cazas de bruxas desde o inicio da era moderna. O diálogo entre mulleres converteuse en obxecto de ridículo.

«Muchas gracias, neniña»
Case todas as persoas de certa idade que coñezo no traballo fálanme en castelán, polo menos de primeiras. Algunhas despois de escoitarme contestando varias veces en galego acaban mudando pero outras non o deixan ir. Como se esta lingua nosa fora cousa de vellos

Noite americana
Como puiden pasar eu tanto tempo sentíndome soa, se sempre levo anaquiños doutras persoas no peto, e nas palmas das mans, nas orellas, no naris, na punta da lingua e nos ollos?

Os outros desamores 2
Sen conflito non hai intimidade emocional. A nosa disposición de entrar en conflito con outras persoas é o que determina a nosa capacidade para acercarnos máis a elas

Os outros desamores
As rupturas con amizades son duras, e complicadas, e dolorosas, e confusas. Non teñen guión, nin centos de cancións e películas explorando todos os sentimentos que che poden despertar.

Xenxibre e laranxa
A miña compañeira de piso na universidade explícame, mentres eu sento no sofá con varias mantas, a forma tan boa de pelar o xenxibre que lle ensinou á súa nai.

26 consellos para quen nunca pensou que chegaría aos 26
Déixate coñecer. Haberá quen colla as partes de ti que máis odias nas mans e as garde preto do seu corazón.

Este corpo meu
Este corpo que é meu, que non é da colección de homes que pasan polo meu dormitorio, non é dun rapaz que só me quere ás agachadas; este corpo que existe cando non é obxecto de desexo. Este corpo meu, que tanto me coida.

«The Walking Dead», a expedición Donner e Samuel
Samuel non me precisa para sobrevivir unha apocalipse zombi, pero supoño que loitar por sobrevivir nun mundo hostil é un pouco como sentar a ver esa serie horrorosa de zombis con el. Non quero, non me apetece nada, non o faría soa. Pero si o faría por estar con el.
