O bortel

Reflexións dun francotirador

Oscar Pazos é un ensaísta vigués de certo espírito francotirador que hai anos publicou un libro moi recomendable titulado: Madrid es una isla. El Estado contra la ciudadanía (Los libros del lince, 2013). Tratábase aquel dun percorrido pola construción de Madrid en tanto que capital, Madrid como centro —illado e…

De heroes democráticos

En distintas etapas da vida, quen isto escribe pasou e pasa adoito polo Alto do Seixo, sitio de Lavadores próximo ao barrio do Calvario que, en 1936, foi escenario de enfrontamentos a pé de barricada entre os sublevados fascistas e os variados grupos de militantes que decidiran non ficar na…

Galicia, o Rif e a construción do Outro

O historiador galego Dionisio Pereira recolle en Escritos africanos. Entre Galicia y el Rif una mirada desde la periferia (SPCAM, 2019), un conxunto de ensaios escritos en castelán que, alén do prólogo a cargo de Abdelhamid Raiss, se organiza en dúas partes diferenciadas. Na primeira parte, o autor ofrécenos senllos…

O materialismo de Elvira Ribeiro

Welcome to Sing Sing (Barbantesa, 2017) é un libro dividido en tres poemarios independentes (Siberia, mon amour; Welcome to Sing Sing; Playlist para unha retirada) que trata do exilio, do rescate, da recaída, do encerro, da retirada. No poemario titulado propiamente Welcome to Sing Sing, atopamos un dos textos máis…

A ética fundadora en Patricia Janeiro

Na farsa Manual básico de hostelaría (Positivas, 2017), Patricia Janeiro pinta un fresco do país a través de Santiago de Compostela, a capital administrativa autonómica, ambientado no tempo inmediatamente posterior a aquel en que «os bancos aínda regalaban cousas». Unha Galicia de economía terciarizada, baseada sobre todo no sector servizos…

Que hai de novo, Viejo?

Podería dicir que me sorprendeu ler o artigo de Raimundo Viejo no que reivindicaba a figura de Ramón Piñeiro. Mais mentiría. Non só non me sorprendeu senón que en O canastro sen tornarratos, (Xerais, 2018), xa puxen, negro sobre branco, a continuidade ideolóxica existente, en moitos aspectos, entre o que,…

A escatoloxía de Daniel Salgado

O poemario de Daniel Salgado Ruído de fondo (Xerais, 2012) tiña como colofón os versos de Friederich Hölderlin pertencentes ao poema «Patmos»: Onde nace o perigo nace tamén a salvación. Naquel texto, Daniel Salgado xa entendía o free jazz coma o xénero onde se desprega o par perigo/redención e no…

Arredor dos intelectuais

A editorial Galaxia reedita Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista, de Ramón Villares, estudo sobre a coñecida novela de Ramón Otero Pedrayo, Arredor de si, que inicialmente tomou a forma de discurso de entrada na RAG e que, en 2007, sairía do prelo…

Lumes vellos, lumes novos

Estreouse nas salas comerciais Trinta lumes, de Diana Toucedo (Redondela, 1982). Un traballo que se une á nova vaga de cine galego que, sen as ínfulas con pés de barro do pasado, está a conseguir crear uns artefactos moito máis interesantes para contar e para contarnos sen renunciar á lingua…

Cadriños en tempos de mudanza

Desbotada a idea de escribir unha historia xeral da banda deseñada en Galicia que arrincase mesmo coas estampas ilustradas en cadriños seriados das Cantigas de Santa María de Alfonso X, ou cos cantares de cego que entretían ao pobo nas feiras, ou que se detivese nos debuxos creados por algúns…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail