O bortel
Un novo comezo
No filme Viagem ao princípio do mundo, (1997), Manoel de Oliveira dirixía un percorrido en coche polo Portugal minhoto para rememorar algúns episodios da súa infancia. Canda un Marcello Mastroianni ancián —alter ego do director— ía Afonso, un actor francés de mediana idade e fillo dun emigrante luso que procuraba nunha remota…
O milagre do cotián
A incapacidade para percibir con acerto o significado das cousas ten un nome na literatura científica. A agnosia visual é un transtorno, motivado por danos cerebrais, no que o suxeito ve pero non é quen de entender o que está a ver. Unha sorte de agnosia visual padecemos todos nós…
A noite inacabada
In girum imus nocte et comsumimur igni. (Damos voltas na noite e consumímonos no lume). G. Debord. Regresamos ao Bortel para dar conta dun novo artefacto cinematográfico encadrable na etiqueta do Novo Cinema Galego. Facémolo saudando que Longa Noite, do director meirés Eloy Enciso, retome dous aspectos que semellan caracterizar…
De animais humanos e non humanos
Coñecín a Óscar Horta hai bastante tempo. Mediados os anos noventa. Ambos andabamos metidos no mundiño do punk alternativo vigués. Un dos temas que aparecían reiteradamente nas cancións e fanzines que consumiamos e faciamos era a denuncia do maltrato e a experimentación con animais; tempos álxidos, aqueles, para organizacións que…
«É a emigración, estúpido»
Michel Foucault denominaba «biopolítica» ao modo de goberno e xestión dos procesos biolóxicos da poboación. Unha técnica de control político da vida que actuaba a través da emisión de discursos disciplinadores sobre aqueles aspectos sociais considerados como «anormais» por determinadas instancias de «poder-saber» en función dos seus intereses. Da crítica…
Do nacionalismo español
Hai enunciados que, segundo de quen proveñan, espertan automaticamente a sospeita en quen os escoita. Un exemplo disto podémolo ver estes días coa campaña publicitaria audiovisual que está a desenvolver polo mundo adiante o Goberno de Pedro Sánchez encol das bondades democráticas do Estado español. Pero –preguntarase o destinatario da…
Un grande axuste de contas
Dicía Antoni Domènech que a introdución do sufraxio universal masculino na maioría dos países europeos debeuse ás grandes folgas obreiras que tiveron lugar entre 1905 e 1907. Isto é, o dereito ao voto da parte masculina das clases subalternas, lonxe de ser o produto dunha concesión do liberalismo —que florecía…
A arma dos pobres
Il pópul al era il furmit ch´a no ´l mòur. Adés al scumínsia a murí. (O pobo era o trigo que non morre. Agora comeza a morrer). Nunhas xornadas sobre «dialecto e escola», celebradas en 1975, cinco días antes de morrer, e editadas baixo o título de Volgar´eloquio, Pier…
As peripecias do cidadán Erdoğan
Neste tempo de aparente regreso da xeopolítica (digo aparente porque non estou seguro de que algunha vez marchase) e da conformación dunha sorte de internacional autoritaria que procura redeseñar o sistema-mundo con novas esferas de influencia rexional como solución, entre outras cousas, á potente emerxencia da China en tanto que…