O bortel

Refugallos divinos / Instrucións para xóvenes poetas

Nalgún dos seus libros, Slavoj Žižek di que para Hegel o espírito é un óso. O sublime abstracto e o resto irreductiblemente físico coinciden. Partindo desa premisa é que o esloveno desprega a súa filosofía escatolóxico-pop sobre os retretes. Nada máis ideolóxico que o excremento, vén suxerir. Malia o dualismo…

Anarquismo e nacionalismo? Anarquismo e nacionalismo

Dado que a historia da España do século XIX e comezos do XX consistiu máis ca nada na accidentada tentativa de creación dun Estado borbónico sen elemento popular como poder constituínte, é dicir, sen nación, a ninguén pode sorprender que, en paralelo, xurdisen –canda outros fenómenos políticos– os nacionalismos diferentes…

Un imaxinario de longo alento

Empregando a metodoloxía do campo literario de Pierre Bourdieu, Mario Regueira asina o ensaio Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario de posguerra (1936-1966), (Xerais, 2020). Un traballo baseado na súa tese de doutoramento que, como outras teses defendidas nos últimos anos, ten ao grupo Galaxia como obxecto…

Un pequeno gran libro

Pódese ofrecer un fresco da historia de Galicia desde a Idade Media ata a actualidade cun estilo refrescante e á vez rigoroso, con comentarios intelixentes e con interpolación de citas de personaxes senlleiros cheas de carga de profundidade? Pódese falar de Galicia, desde unha posición de amor ao país, sen…

Un Fausto determinista

No moi leibniziano conto de Jorge Luis Borges, El Aleph, un poeta mediocre, con aspiracións de escribir unha magna obra que dese conta de todos os fenómenos da Terra, desvela ter, no soto da súa casa, unha sorte de porta espazo-temporal ao coñecemento absoluto, O Aleph: «el lugar donde están,…

A propósito dunha imaxe

Hay que estar majareto para hablar de amor de dios y al mismo tiempo en sus escuelas preparar los cuadros de mando de la represión fascista ¿Cómo se puede ser tan fariseo? Salve. La Polla Records, 1984 A dificultade para xestionar a contradición de sufrir de melancolía polo megalómano Imperio…

Limbo

O limbo era, para a teoloxía católica, o lugar ao que ían os bebés que morreran sen recibiren o bautizo, sacramento que lles aseguraría un lugar no ceo por non teren, na súa candidez, tempo de pecar. Un lugar nebuloso, próximo ao inferno, pero sen o sufrimento deste. Curiosamente, en…

Do tempo dos monstros

Estes estraños días que vivimos quereriamos que as cousas sucedesen coma no poema de Kavafis «Agardando os bárbaros». Desexariamos non que a barbarie asomase a pata ás portas da cidade, mentres nós estabamos distraídos co ruído de fondo. Prefeririamos, antes, que todo transcorrese de acordo ao fabulado polo poeta. Que,…

Mulleres-sol na sombra

Detrás dun gran home hai unha gran muller, di o tópico que agacha a subalternidade feminina con mecanismos compensatorios. Dándolle a volta á frase, e co fin de desmontar eses mecanismos, mellor cabería dicir que, diante dunha muller —grande ou menos grande— case sempre atopamos un home susceptible de recibir…

Unha Galicia medieval para todos os públicos

Dicía Ramón Villares nunha presentación do seu libro Galicia. Una nación entre dos mundos (2019) unha frase sinxela pero reveladora: «Galicia non é calquera cousa». Viña sinalar o de Vilalba, ou así o interpretei eu, que detrás do nome desta terra hai séculos de historia que conforman un pouso actuante…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail