O bortel

Os elos perdidos

De novo no Bortel, desta volta para comentar un libro froito da investigación realizada para unha tese doutoral. Falamos de Un largo puente de papel. Cultura impresa y humanismo antifascista en el exilio de Luís Seoane (1936-1959) (CSIC, 2021), escrito polo arzuán Pablo García Martínez. Inicialmente, o autor bota man,…

«Alcarràs» e nós

«Alcarràs» (Carla Simón, 2022) é unha historia de resistencia e derrota da pequena explotación agraria ambientada na Cataluña interior. Hai algo de nostalxia e orgullo. Tamén a sensación de desamparo e perda de control, tan habitual no presente, da xente do común.

Tradicionalismos

Achegueime a Malmkrog (2020), película dirixida polo romanés Cristi Puiu, tratando de comprender algúns dos riscos que caracterizan o neotradicionalismo que, a través de personaxes como Alexander Duguin, se extenden pola Rusia post-soviética. A intelligentsia do xigante euroasiático, hoxe demonizado polo pensamento único mediático, semella aferrarse a unha das súas…

Da necesidade da crítica

Agora que a invasión rusa de Ucraína está a anegar co pensamento único otanista ata os recantos máis insospeitados, vén a conto reseñar unha nova publicación que nace no noso país co ánimo expreso de incitar ao pensamento crítico. A crítica está no ADN da esquerda desde que Karl Marx…

A Galicia global do traballo

O vencello da economía galega co exterior é amplo, sobre todo cando se entende a economía como unha actividade alicerzada no traballo humano. Das redes escravistas que fundarían fortunas primixenias, á man de obra expulsada en masa que tanto rédito daría á burguesía emigracionista de Vigo e da Coruña e…

A teimosía da Ave Fénix

A Fundación Vicente Risco vén de editar, a través do seu selo Dr. Alveiros, O legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño. Unha bigrafía artística (2021), a cargo da investigadora Iria-Friné Rivera Vázquez. Un traballo voluminoso, de portada vistosa, xeneroso en imaxes e substancioso en datos ao que só se lle…

Pompa sen concreción

Desta volta ocupámonos no Bortel do libro dirixido por Alba Nogueira e Xavier Vence Redondear la economía circular. Del discurso oficial a las políticas necesarias. (Thomson Reuters/Aranzadi, 2021). Un libro académico de 396 páxinas e formato grande que reune traballos asinados por: Xavier Vence, José Francisco Alenza García, Alba Nogueira,…

Cartas sen destinatario

Antón Baamonde regresa ao ensaio cun traballo que goza da virtude de achegarse, en apenas 200 páxinas, a un dos temas centrais que ten o país por diante. En Unha nova Olanda. De Ferrol ao Porto: as cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global (Galaxia, 2021), o…

Centro e periferia reloaded

O ano 2020 a editora Laiovento publicou un traballo asinado por Diego Sande Veiga baixo o título: O estrangulamento tecnolóxico de Galiza. Análise das políticas europeas para innovación rexional durante a gran recesión. Nese libro, analizábase a mala posición do noso país no que ten que ver co I+D+i dentro do magro contexto que, comparativamente falando, presentaba o Estado español para dito capítulo (ocupaba o…

Dos tempos heroicos

A esquerda adoita ter unha relación ambivalente co mito. Por unha banda, a súa natureza crítica coa ideoloxía como falsa conciencia lévaa a non deixar pedra sobre pedra a respecto de toda mitificación. Pola outra, a vontade de mobilizar masas e de converterse nun axente histórico condúcea a alimentar incesantemente…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail