Novas

Galicia inicia a campaña electoral coa sanidade e Alcoa no centro do debate

Durante os próximos quince días as forzas políticas terán que adaptarse ao escenario da pandemia con mitins reducidos sen bicos nin abrazos cos votantes. O candidato favorito é Alberto Núñez Feijóo que aspira á súa cuarta maioría absoluta na comunidade. Comeza a campaña máis atípica na comunidade galega. As eleccións…

O persoal sanitario rexeita o bono de hostalería de 250 euros anunciado por Feijóo

A uns días do comezo da campaña electoral, o Goberno galego dispoñerá 20.000 tarxetas xestionadas por Abanca para que o persoal do Sergas e de servizos sociais que loitou contra a pandemia poida durmir e cear en hoteis galegos. O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo,…

Feijóo esquiva a tensión política e modera o ton para as eleccións

O presidente da Xunta foxe de polémicas como a da «madrileñofobia» e céntrase en transmitir mensaxes afables. Os partidos galegos chegan ás eleccións sen diálogo co mandatario durante a COVID-19 e piden á cidadanía progresista que vaia votar. O único acordo ao que chegaran as forzas políticas galegas co presidente…

A Xunta tramita un vertedoiro onde xa se almacenan 10.000 toneladas de chapapote, a 250 m dunha zona protexida

O vertedoiro de 1,03 millóns de m3 de residuos industriais instalarase nun polígono onde varias empresas acumulan denuncias por verteduras, pestes e incendios ocasionais. A obra non conta con estudo xeotécnico e espérase a chegada de 300.000 toneladas de lindano. A Consellería de Medio Ambienete está a tramitar a AAI…

Gómez Reino, candidato á Xunta: «En Galicia ten que haber un Goberno feminista como o do Estado»

O deputado aposta por un goberno de coalición para Galicia. Durante esta pandemia cre que a sociedade, non só progresista, deuse de conta do «valor do público» e que o obxectivo de Feijóo de convocar eleccións no verán é unha «baixa participación». Antón Gómez Reino (A Coruña, 1980) é deputado…

Feijóo anuncia unha axuda social con tarxetas moedeiro de ata 900 euros a dúas semanas da campaña electoral

A Xunta repartirá tarxetas para que 30.000 fogares poidan adquirir bens de primeira necesidade a través dun convenio cunha entidade financeira e Cruz Vermella, aínda a pesar da Renda de Inclusión Social do Goberno galego e do Ingreso Mínimo Vital. A xusto un mes das eleccións autonómicas, o presidente da…

O magnate Manuel Fernández de Sousa e o mar de mentiras de Pescanova

O caso empezou en 2013 cando a auditoría se negou a asinar as contas da empresa. A entidade maquillara a contabilidade durante anos e agora o expresidente enfróntase a 28 anos de cárcere e 21 millóns de euros en multas que pide a Audiencia Nacional. O xuízo de Pescanova inaugura…

Gonzalo Caballero, candidato polo PSOE: «Feijóo tenta ser un Gallardón, pero representa á dereita conservadora e rancia»

Caballero, que prefería eleccións autonómicas en setembro, sostén que durante a crise da COVID-19 Feijóo foi un «peón» na estratexia de confrontación do PP contra o Goberno estatal. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero (Ponteareas, 1975), preséntase como candidato á presidencia da Xunta de Galicia. Actualmente é deputado no…

A esquerda galega concorre aos comicios galegos dividida en catro coalicións

A última alianza en rexistrarse foi Marea Galeguista, despois de que En Marea anunciase a súa participación nas eleccións autonómicas. Repiten da pasada convocatoria Galicia en Común Anova-Mareas, Espazo Común e Unidos polo futuro. A incorporación de En Marea ao escenario electoral ampliou a fragmentación da esquerda galega. Este venres…

Os despidos de Alcoa na comarca de A Mariña deixan a medio milleiro de familias á súa sorte

O despedimento colectivo de 534 traballadores pode desembocar no peche total da planta de aluminio. O persoal leva anos en pé de guerra e o seu impacto económico representa o 30% do PIB da provincia de Lugo. As dificultades de Alcoa en San Cibrao (Lugo) comezaron moito antes da COVID-19.…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail