Novas
O abandono das residencias galegas, unha catástrofe anunciada fai tres anos
Unha denuncia sacou á luz a falta de recursos e o incumprimento de protocolos de hixiene na residencia de Salvaterra de Miño, en Pontevedra. As súas deficiencias xa foran expostas en 2017 ante Inspección Social, do mesmo xeito que as dos centros de DomusVi. De maneira similar que noutras autonomías,…
As mariscadoras de Arousa, sen campaña de Nadal polos temporais máis fortes dos últimos anos
As tempestades do inverno pasado arrasaron cos bancos marisqueiros e as traballadoras de Carril non teñen produto que vender nas lonxas. Levan máis de quince días sen percibir ingresos e piden o cesamento da súa actividade para poder retomar a extracción en marzo cos bivalvos recuperados. O 31 de outubro…
Feijóo, «descolocado» ante o xiro de Casado cara ao centro
Ata que o barón galego revalidou a súa cuarta maioría absoluta no verán, «moderación» era a palabra que non saía da boca de Feijóo. Pediulla a Pablo Casado para que a crispación política de Madrid derivada da pandemia non embazase as siglas, pero todo cambiou nesta segunda onda cando o…
O abuso da atención telefónica na sanidade galega e a falta de persoal colapsan as listas de espera
O acceso a Atención Primaria complícase para os usuarios do Sergas. A «sanidade do futuro» que deseñou Alberto Núñez Feijóo estendeuse para as consultas que antes eran presenciais e a relación médico-paciente queda restrinxida a unha chamada de poucos minutos. En abril e durante a primeira onda do coronavirus, o…
A peregrinación a Compostela: un camiño solitario e de restricións pola covid
A peregrinación á capital galega viuse afectada desde o comezo da pandemia polas limitacións de mobilidade entre territorios. O número de camiñantes internacionais caeu e os visitantes tiveron que adaptarse ás restricións dos distintos lugares polos que marchaban. As rúas de Santiago de Compostela están irrecoñecibles. Baleiras, con bares e…
A TVG increpa a dúas concursantes por criticar a manipulación informativa nunha regueifa
Sara Marchena e Aurora Redondo participaron no programa Luar nun espazo de regueifas, unha disputa dialéctica improvisada desde o humor. Alí cantaron a favor do movemento #DefenderAGalega que reivindica a pluralidade informativa da cadea lonxe dos intereses políticos e gobernamentais. O 16 de outubro Sara Marchena e Aurora Redondo participaron…
O sistema financeiro galego, no punto de mira do Parlamento autonómico
A Cámara volve abrir unha comisión de investigación pola unión de Caixanova e Caixa Galicia en 2010, despois de que a Audiencia Nacional sinalase ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo por avalar un proceso destinado ao fracaso. Unha década despois de que Caixa Galicia e Caixanova se convertesen en NovaCaixaGalicia…
O independentismo galego enfróntase a 102 anos de cárcere por «enaltecemento do terrorismo»
Doce integrantes das organizacións Causa Galiza e Ceivar van a xuízo este luns por «pertenza a organización criminal». O independentismo púxose en pé para pedir a súa absolución por considerar que non existe fundamento probatorio para condenalos. Un lustro despois das primeiras detencións, doce militantes dos partidos independentistas Causa Galiza…
Denuncian que a opacidade de Feijóo coas cifras covid responde a «criterios electoralistas»
O presidente da Xunta non está de acordo en facer públicos os casos de coronavirus por concellos, pero tivo que ceder ante as presións das alcaldías. Aínda así, o Sergas publica un mapa de datos xenérico dúas veces por semana e non os números reais da incidencia da pandemia por…
A caída do magnate Manuel Fernández de Sousa polas trampas do imperio Pescanova
A Audiencia Nacional condenou a oito anos de prisión ao expresidente de Pescanova por maquillar os libros da empresa para conseguir financiamento bancario e ocultar as perdas millonarias con mentiras e enganos. Péchase o capítulo para Manuel Fernández de Sousa e a súa fama de bo xestor. A Audiencia Nacional…












