Novas

Feijóo apoia a Jácome pese a que a xustiza o investiga por malversación

O presidente da Xunta insinúa que seguirá mantendo ao rexedor na Alcaldía, a cambio de que este garanta a Deputación Provincial para Baltar Ler máis

As mulleres de Meirás, no centro das revoltas contra o fascismo na República

O desafiuzamento de dúas familias campesiñas, que cultivaban nos terreos do Pazo, motivou entre 1933 e 1936 unha rebelión contra a oligarquía, a Igrexa e o poder da dereita protagonizada polas mulleres do pobo. Ler máis

Así é a colonia senegalesa da Coruña á que pertence o mozo que tentou salvar a Samuel

O colectivo no que se integrou Ibrahima Diack desenvolveuse ao redor dunha ONG local que leva un cuarto de século axudando e formando gratuitamente aos inmigrantes dese país Ler máis

Feijóo dá luz verde á Universidade de Escotet

Os reitores das universidades públicas e a oposición galega advirten de que a Universidade Intercontinental da Empresa de Abanca incumpre a lei galega xa que ofrece titulacións duplicadas Ler máis

O fracaso do porto dos mil millóns que Aznar e Paco Vázquez construíron na Coruña

A maior infraestrutura portuaria construída en España nas últimas décadas, ordenada polo Goberno do PP para responder ao levantamento social tras a catástrofe do Prestige, arrastra unha débeda de 300 millóns e apenas rexistra tráfico nin negocio que permita pensar en saldala Ler máis

As interrogantes sobre o asasinato de Samuel

O brutal asasinato de Samuel Luiz Muñiz desatou a indignación nun país no que o discurso homófobo da ultradereita parece normalizar a persecución ideolóxica e mesmo física das persoas pola súa orixe, raza, crenzas ou orientación sexual. O secreto do sumario decretado pola xuíza que instrúe o caso deixa moitos…

Ferrol, medio século combatendo o afundimento

 A cidade padece desde hai decenios unha inestabilidade política endémica e un lento e sostido declive pola crise do sector naval ao que se unen agora a falta de carga de traballo nos estaleiros e os peches de grandes industrias Ler máis

Onda de indignación polo brutal asasinato na Coruña de Samuel Luiz Muñiz

Este luns haberá manifestacións en varias cidades e pobos de Galicia e España convocadas por asociacións LGTBI, mentres a policía investiga o suposto móbil homófobo do crime Ler máis

Feijóo pecha 600 camas de hospital coa pandemia agravándose

As asociacións que defenden a sanidade pública cualifican a decisión de «imprudencia» e advirten de que provocará un notable aumento das mortes evitables Ler máis

Un mosteiro medieval polo prezo dun piso

O cenobio de Santa María de Penamaior, nos Ancares lucenses, declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta, vendeuse por uns 200.000 euros sen que o Executivo autonómico mostrara interese en exercer o dereito de tenteo e retracto para facerse con el.   Ler máis

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail