Novas

O Concello da Coruña, disposto a preitear cos Franco pola Casa Cornide para devolvela ao dominio público

Un informe da Universidade da Coruña (UDC) considera ilegais os distintos procesos de permuta, poxa e venda da Casa Cornide, que acabou en mans de Carmen Polo, esposa de Francisco Franco. O ditame avala a nulidade dos procedementos e defende que a natureza xurídico-patrimonial do edificio é pública. Se a…

Feijóo tramita unha reforma sanitaria de dubidoso encaixe xurídico que contempla a obrigatoriedade das vacinas

O barón galego foi o único presidente autonómico en situarse abertamente a favor da vacina obrigatoria, que se materializará na comunidade coa aprobación da reforma da Lei de Saúde de Galicia que entrará en vigor en febreiro. «Inseguridade xurídica» é a explicación do PP de Galicia para tramitar por vía…

A primeira universidade privada de Galicia, en mans de Abanca e impulsada polo Goberno de Feijóo

O proxecto, auspiciado por Abanca e avalado polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo, pasou o filtro do Ministerio de Educación, aínda que a modificación do Real Decreto de creación de universidades pode ser unha pedra no camiño para consolidarse en 2021. Hai un ano a Xunta iniciaba a tramitación oficial…

Un ano despois do peche do paritorio de Verín, o Sergas promove un expediente ao xinecólogo que liderou as protestas

Dous meses loitou a cidadanía para a reapertura do polémico paritorio. Funcionou con normalidade ao longo de todo o ano, ata que a cara visible das protestas, o xinecólogo Javier Castrillo, recibiu a notificación dun expediente disciplinario. O 22 de novembro de 2019 a Xunta anunciou ao persoal do hospital…

O PP de Feijóo segue ocultando información sobre as caixas galegas

Pasou un mes desde a reapertura da comisión de investigación sobre a fusión das caixas de aforro galegas e aínda non hai avances. O BNG e PSOE continúan á espera de ser convocados polo grupo maioritario da Cámara, o PPdeG, para constituír a comisión e abordar os traballos. O 20…

A loita dunha muller para denunciar o desamparo dos servizos sociais cara á súa irmá vítima de violencia machista

En 2016 Ana Gómez foi asasinada polo seu marido. Pedira axuda en varias ocasións á Casa da Muller de Lugo, pero déronlle cita 22 días máis tarde. O mesmo día que acudiu ao centro, José Manuel Carballo disparoulle. Despois de catro anos denunciando a mala praxe do servizo, a irmá…

Feijóo asegura que hai máis de 5.600 rastreadores en Atención Primaria pero o persoal sanitario négao

Feijóo cambiou varias veces a súa versión sobre o número de rastreadores de Galicia. O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, rexeita dar os datos. Segundo o barón galego 5.600 profesionais de Atención Primaria realizan labores de rastrexo, pero os médicos desménteno, principalmente porque non teñen tempo para facelo. Cantos…

O abandono das residencias galegas, unha catástrofe anunciada fai tres anos

Unha denuncia sacou á luz a falta de recursos e o incumprimento de protocolos de hixiene na residencia de Salvaterra de Miño, en Pontevedra. As súas deficiencias xa foran expostas en 2017 ante Inspección Social, do mesmo xeito que as dos centros de DomusVi. De maneira similar que noutras autonomías,…

As mariscadoras de Arousa, sen campaña de Nadal polos temporais máis fortes dos últimos anos

As tempestades do inverno pasado arrasaron cos bancos marisqueiros e as traballadoras de Carril non teñen produto que vender nas lonxas. Levan máis de quince días sen percibir ingresos e piden o cesamento da súa actividade para poder retomar a extracción en marzo cos bivalvos recuperados. O 31 de outubro…

Feijóo, «descolocado» ante o xiro de Casado cara ao centro

Ata que o barón galego revalidou a súa cuarta maioría absoluta no verán, «moderación» era a palabra que non saía da boca de Feijóo. Pediulla a Pablo Casado para que a crispación política de Madrid derivada da pandemia non embazase as siglas, pero todo cambiou nesta segunda onda cando o…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail