Novas

As orquestras galegas, ante un ano perdido

A xira estaba a piques de empezar. As grandes orquestras galegas collerían impulso durante estas datas para continuar ata setembro nos escenarios, pero a crise do coronavirus pillounas por sorpresa e temen non rendibilizar os investimentos postos para este verán. En Galicia é difícil concibir unhas festas sen orquestra. As…

O estudo epidemiolóxico de Feijóo: «desorde» e sobrecarga de traballo para o persoal sanitario

O persoal sanitario critica a falta de información e formación á hora de realizar o estudo de predominancia da Covid-19 en Galicia. Consideran que o test escollido non é o axeitado xa que mide os anticorpos totais. Desde os seus postos senten que están a facer «a campaña electoral a…

Galicia pecha durante unha semana unha UCI en plena pandemia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) pechou a única Unidade de Coidados Intensivos (UCI) en Pontevedra desde o pasado mércores para construír dous boxes de illamento, pintar, renovar iluminación e limpar as instalacións. Os ingresados tiveron que ser trasladados a outras unidades e o persoal sanitario censurou a actuación. O…

Feijóo aproveita a televisión pública galega para poñerse medallas na súa xestión na crise do coronavirus

Feijóo evita asistir á Deputación Permanente, pero intervén reiteradamente na Televisión de Galicia (TVG) para informar da «mellora» na evolución da pandemia e distinguir as medidas da Xunta para combatela. A crise sanitaria permitiu a Feijóo continuar na presidencia da Xunta e asumir a xestión da COVID-19, despois do aprazo…

O Sergas devolve un positivo en COVID-19 a unha residencia de Ourense que continúa sen médico

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) derivou a semana pasada un positivo do hospital de Ourense de volta á residencia de San Carlos de Celanova. Desde o inicio da crise sanitaria os usuarios carecen de médico no centro, así como de persoal de enfermería a tempo completo. O Servizo Galego…

Os presidentes autonómicos vense forzados a comparecer tras resistirse durante o estado de alarma

Desde que o Goberno decretou o estado de alarma só en contadas comunidades compareceu o presidente ou presidenta autonómica. Un mes despois da declaración do estado de alarma, as Cámaras autonómicas desconxelan a súa actividade ante o parón pola COVID-19. Despois de que o Goberno decretase o estado de alarma…

As residencias privadas galegas: caos antes da COVID-19

As empregadas das residencias privadas denunciaron ante os medios as súas condicións laborais e a situación dos usuarios pola crise sanitaria. Ante iso, a dirección da empresa non tardou en ameazalas, dicíndolles que tomarían medidas e que «rodarían cabezas». O azoute do coronavirus nas residencias galegas, na súa maior parte…

As mariscadoras galegas, baixo mínimos polo estado de alarma

Desde que se decretou o estado de alarma e de maneira voluntaria as traballadoras do mar decidiron quedarse na casa. Pertencen a un sector no que se vive día a día, de maneira que non perciben ingresos desde hai semanas e esperan confinadas a que o Goberno declare o cesamento…

Os recortes na sanidade galega pasan factura na xestión do covid-19

 A Xunta de Galicia tivo que enfrontarse nos últimos anos a multitude de protestas da oposición, sindicatos e asociacións en defensa da sanidade pública polo recorte do 21% en Atención Primaria, en persoal sanitario e no equipamento dos centros públicos A Xunta de Galicia e o seu presidente, Alberto Núñez…

O sector pesqueiro considera «incumpribles» as medidas contra o coronavirus na frota

Aínda sen EPIs, os barcos pesqueiros en Galicia saen a faenar diariamente para garantir a subministración de peixe. Os traballadores continúan con problemas para mobilizarse debido ás restricións nas estradas e sen garantías de volver á casa compensados economicamente ante a caída dos prezos. O covid-19 arrasou co sector pesqueiro…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail