Novas
Arrinca a nova lexislatura de Feijóo co auxe do BNG e sen Podemos no Parlamento
A cámara galega abre as súas portas este venres con 36 caras novas. Só tres partidos ocuparán O Hórreo: PPdeG, BNG e PSOE, sen Podemos, Ciudadanos nin Vox. Galicia chega á XI Lexislatura despois dunhas históricas eleccións que deixaron uns resultados insólitos. Exceptuando a maioría absoluta que xa se esperaba…
A falta de persoal médico na sanidade galega agrávase por vacacións e sobrecarga a demanda asistencial
O servizo de saúde galego non cobre a totalidade dos postos ausentes de atención primaria no verán e os pacientes teñen que ser atendidos por outros compañeiros aumentando a súa cota e a súa carga diaria laboral. Unhas semanas despois de que Alberto Núñez Feijóo renovase a súa cuarta maioría…
Galicia e os incendios forestais: O petróleo verde que arde
Pouco despois de iniciarse a tempada alta de incendios xa se produciu a queima máis grande do ano. Un xullo precoz en calor, fortes ventos e ausencia de choiva favoreceron a propagación das chamas en Ourense. Unhas vagas de lume que sufrirá Galicia durante os próximos meses. «Galicia non arde,…
Máis de 1000 nenas e nenos en Galicia quedarán sen comedor escolar e Plan Madruga o próximo curso
As Anpas de Pontevedra comunicaron que o protocolo contra o COVID-19 da Xunta é «inviable» e por iso decidiron suspender os servizos para o período 2020-21. Desde que a Xunta de Galicia fixo público o protocolo contra o covid-19 nas aulas as protestas no ámbito educativo non cesan. Esta vez…
Directivos de colexios públicos e sindicatos, contra o plan de Feijóo para volver ás aulas pola falta de recursos
A proposta do Goberno autonómico delega a responsabilidade da seguridade sanitaria aos centros educativos sen dotación de orzamento nin contratación de profesorado. Se a Consellería non cambia o documento, as organizacións pedirán que non se inicie o curso escolar. Catro días despois da celebración de eleccións, a Xunta publicou o…
Os aplausos á sanidade pública, os grandes esquecidos nos votos que logrou Feijóo
A folgada maioría absoluta do barón galego sorprendeu ao persoal que loitou en primeira liña fronte á covid-19. As mobilizacións sociais en contra das políticas do PPdeG parecían que marcaban un rumbo fixo cara ao fin de Feijóo na Xunta, pero terminou por converterse nunha mera utopía. Alberto Núñez Feijóo…
Feijóo revalida a súa cuarta maioría absoluta e o BNG convértese en líder da oposición
Alberto Núñez Feijóo mantense na presidencia da Xunta de Galicia por cuarta vez consecutiva. O BNG pasa a ser segunda forza política e logra ser líder da oposición por diante do PSdeG-PSOE. Alberto Núñez Feijóo renovou a súa maioría absoluta en Galicia, a cuarta consecutiva desde 2009 do PPdeG, algo…
O repunte na Mariña marca o fin de campaña en Galicia, a máis atípica da súa historia
A última semana de campaña electoral puxo nervioso a un PPdeG que as tiña todas consigo: unha folgada maioría absoluta o 12 X. A falta de anticipación para deter a expansión do virus na comarca lucense e un temor ao contaxio poden impulsar a abstención nunha poboación afín ao PP.…
Feijóo mantén eleccións na Mariña en contra da opinión dos alcaldes, que piden o seu aprazo
A Xunta delegou nas alcaldías da comarca a autoridade sanitaria plena para a xestión do rebrote e os concellos non se ven capaces de poder garantir a seguridade o día das urnas, achacando ao Goberno galego a improvisación e os seus intereses electorais. Os alcaldes dos 14 concellos afectados polo…
O Estado reclama o Pazo de Meirás para devolvelo ao patrimonio público
O xuízo pola propiedade do pazo comeza este luns no Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña e durará unha semana. A quen pertence o Pazo de Meirás, á familia Franco ou ao Estado? Esa cuestión discutirase a este luns no Xulgado número 1 da Coruña coa declaración de…